Plasencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'presencia' por 'presenza'
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Plasencia; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Ayuntamiento plasencia.JPG|thumb|right|300px|Praza Maior de Plasencia, coa Casa do Concello ao fondo.]]
 
'''Plasencia''' é unha cidade e un concello da [[provincia de Cáceres]], na comunidade autónoma de [[Estremadura]], [[España]]. Con 39.982 habitantes (2007) constitúe o segundo núcleo máis poboado da provincia e o cuarto da rexión tras as capitais provinciais, [[Cáceres]] e [[Badaxoz]], e a capital autonómica, [[Mérida]].
 
Plasencia é ademais sé episcopal, cun recoñecido casco monumental, que a tornan nun destino turístico importante. É etapa do [[Camiño de Santiago]], na Ruta ou Vía da Prata.
 
== Xeografía ==
Plasencia está situada no norte da provincia, no curso inferior do [[río Jerte]], exercendo de capial da comarca do seu [[Val do Jerte|val]]. Ubicada a 352 m de altura, áchase rodeada dos contrafortes da [[serra de Gredos]], sobre a [[falla de Alentexo-Extremadura]]. Dista algo máis de 83 km de Cáceres, de 126 km de [[Salamanca]] e de 245 de [[Madrid]]. O seu termo municipal cubre unha área de 218 km².
 
=== Clima ===
Plasencia encóntrase nunha zona dominada polo [[clima mediterráneo]], con todo a súa situación na área do [[Sistema Central]], fai que adquira matices [[Clima continental|continentalizados]], aínda que non rigorosos, e que as precipitacións sexan maiores, achegándose a valores próximos ao 1.000 mm anuais.
 
== Historia ==
Plasencia foi fundada durante a época medieval, en plena expansión do [[reino de León|reino leonés]] en [[1186]], polo monarca [[Afonso VIII]]. Dous anos despois, en [[1188]], foi dotada de sé episcopal. Apenas dez anos despois, os [[almohades]], dirixidos por [[Aben Yusef]] tomárona, aínda que a reacción cristiá no ano seguinte logrou recuperar a praza, de novo con Afonso VIII, que mandou fortificar as murallas en [[1201]]. En 1262, o rei [[Afonso X o Sabio]] concedeulle carta foral. No século XIII iniciouse a construción do que hoxe se coñece como Catedral Vella, sob a dirección de [[Gil de Cislar]].
 
Durante case os 250 anos seguintes foi cidade de reguengo, até que en [[1442]] o rei [[Xoán II de Castela]] a cedeu a [[Pedro de Zúñiga]], que foi nomeado [[conde de Plasencia]]. En 1446, o bispo [[Juan de Carvajal]] creou un Estudo de Humanidades. En [[1488]] tornou á Coroa, a petición do seu concello, descontento co señorío dos Zúñiga.
 
Plasencia contaba desde a súa fundación cunha xudería importante. A presenza de hebreos na localidade está testemuñada en varios artigos da súa carta foral. En 1474, segundo se desprende do Repartimento de cargas impostas ás alfamas xudeas de Castela, aínda que polo monto era superada por [[Béjar]], [[Trujillo]] ou [[Guadalajara, España|Guadalajara]], Plasencia con 5.000 morabedís de carga, superaba a [[Salamanca]], [[Sevilla]], [[León, España|León]] ou [[Burgos]], e a moitas outras cidades. Compre lembrar que a contribución de PLasencia era conxuntamente con [[Galisteo]] e [[Aldeanueva del Camino]] (pero o mesmo acontecía noutros lugares (Béjar, p.ex., pagaba con [[Hervás]]). Dunha relación de xudeos placentinos feita a partir de datos recollidos en documentación dispersa, resulta que eran en boa medida xentes con oficios artesanais: tecedores, ferreiros, zapateiros, mesoneiros; había en total máis de 100 familias israelitas. En [[1492]], como sucedeu no resto de España, víronse obrigados a deixar a cidade, a causa da expulsión decretada polo [[Reis Católicos]], pasando para [[Portugal]]. A súa sinagoga, con casas e currais adxuntos, estaba sita na desaparecida igrexa de Santa Isabel (que así foi cristianizada, precisamente en honra da raíña católica); o predio pasou a ser propiedade do cabido catedralicio, que cobraba un censo perpetuo de 3.100 marabedís anuais por el. O seu cemiterio comprouno, en 400 reais, o daián Diego de Xerez<ref>Cfr. Fidel Fita, ''Informe: Monumentos hebreos'', in Boletín Real Acad. Historia, tomo L, 1907, páxs. 93-96; ver tamén do mesmo autor, ''Variedades: Epígrafes hebreos de Béjar y Salamanca'', op. cit., páx74</ref>.
 
Dez anos despois, a iniciativa do bispo [[Gutierrez Álvarez de Toledo]], comezaron as obras da Catedral Nova, nas que interviron diversos mestres: [[Juan de Álava]], [[Francisco de Colonia]], [[Gil de Siloé]] e [[Henrique Egas]]. Ao longo dos séculos seguintes, encargos diversos aumentaron o patrimonio artística da sé.
Liña 24:
A diocese pertenceu á provincia eclesiática de [[Santiago de Compostela]] até o [[Concordato de 1851]], ano no que foi desagregada, pasando a depender do arcebispado de [[Toledo]].
 
== Patrimonio histórico-cultural ==
Plasencia foi unha cidade medieval amurallada, con muros que datan do século XII. Aínda se conservan 20 torres e 7 das portas, amén de bastantes tramos da mesma cerca. As portas máis sonadas son a do Sol e a de Trujillo, ambas do XV.
 
Liña 30:
 
No entorno da ''Praza Maior'', centro vital da vila, con mercado popular os martes de cada semana, encontra un de seguido:
* A Casa Consistorial, do século XVI, de estilo de transición gótico-renacentista, presidindo a Praza Maior.
* O Antigo Cárcere, do século XVII, nun lateral do edificio anterior.
* Dúas sés, mais unidas nunha única fábrica:
** A Catedral Vella, de estilo románico, con claustro do [[século XV]].
** A Catedral Nova ([[1498]]-[[1578]]), con dúas fachada platerescas; capelas e retábulos dos séculos XVI a XVIII; e un coro gótico-flamíxero procedente da sé vella.
Liña 38:
A lista de edificacións dignas de interese é ampla, mais cómpre citar:
 
=== Edificios eclesiásticos ===
* Igrexa de Santo Estevo.
* Convento de Santa Clara, gótico-flamígero, hoxe é Centro Cultural Municipal.
* Igrexa de San Nicolás, con portadas románicas.
* Igrexa de Santa Ana, plateresca.
* Igrexa de San Salvador, de orixe románica,
* Convento de San Vicente Ferrer, coñecido popularmente como Santo Domingo, dos séculos XV-XVI, actualmente [[Parador Nacional de Turismo]].
* Igrexa de San Pedro, románica.
 
=== Construcións civís ===
* Pazo dos Monroy, comezado no século XII a raíz da fundación da cidade.
* Pazo dos marqueses de Mirabel, desde século XV, antigo pazo dos señores de Plasencia, os Zúñiga, duques da cidade.
* Pazo episcopal, estilo renacentista na fachada, e "colonial" do XVIII, na parte posterior.
* Casa do Deán, edificio do [[barroco]].
* Pazo dos Condes de Torrejón, ao lado do anterior, gótico-plateresco.
* Pazo dos Carvajal-Girón, século XVI, con almofadillado.
* Pazo de Almaraz ou dos Grijalva, séculos XVI-XVII.
* Casa das Argolas.
* Pazo dos Trejo y Vargas.
* Hospital Provincial, fundado no século XIV, con fachada renacentista.
* Acueduto de Santo Antón, século XVI.
 
=== Museos ===
* Museo Catedralicio, sito na sé vella, con pintura e escultura, obxectos litúrxicos e pezas arqueolóxicas.
* [[Museo Etnográfico-Téxtil Pérez Enciso]], enfronte da catedral, con magnífica colección de pezas téxtiles.
 
== Festas ==
* San Fulxencio, 16 de xaneiro, patrón da cidade.
* [[Semana Santa]].
* Romaría da Virxe do Puerto, no domingo seguinte a [[Pascoa]], que se celebra nun santuario a 5 km da cidade, na [[Dehesa de Valcorchero]].
* Martes Maior, no primeiro martes do mes de agosto, conmemora os oito séculos que a cidade leva celebrando mercado tal día da semana.
 
== Comunicacións ==
Plasencia posúe boas comunicacións por estrada, pois ten enlace moi cercano ca [[A-66]] (Autovía da Prata), que une [[Cádiz]] e [[Xixón]] e que actualmente (2008) se acha en vías de terminación no tramo [[Béjar]]-[[Salamanca]]. Está igualmente próxima a un ramal da [[A-5]] (Autovía do Suroeste), que une [[Madrid]] con Badajoz e se prolonga até [[Lisboa]].
 
Por ferrocarril a estación de Plasencia enlaza con Madrid, vía [[Talavera de la Reina]], e con [[Sevilla]], vía Mérida. Suprimido o tramo Plasencia-Salamanca, a cidade ficou sen unión con o norte de España.
 
== Naturais ilustres ==
* [[Francisco Alonso Camargo]], descubridor.
* [[Miguel de Trejo Paniagua]], conquistador.
* [[Joaquín Churriguera]], arquitecto.
* [[José Antonio Gabriel y Galán]], escritor, poeta en extremeño.
* [[José García Mora]], filósofo.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Diocese de Plasencia]].
* [[Vía da Prata]].
* [[Val do Jerte]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.aytoplasencia.es/ Páxina oficial do Concello]
 
{{commons|Category:Plasencia}}
Liña 101:
[[en:Plasencia]]
[[eo:Plasencio]]
[[es:Plasencia (Cáceres)]]
[[eu:Plasencia]]
[[ext:Praséncia]]