Proterozoico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pt:Proterozoico
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Ciencias en progreso}}
 
Na [[escala de tempo xeolóxico]], o '''Proterozoico''' (do grego "primeira vida") é o [[eón xeolóxico|eón]] que está comprendido entre 2.500 millóns e os 542± 1,0 millóns de anos, aproximadamente. O eón Proterozoico sucede ao eón [[Arqueano]] e precede o eón [[Fanerozoico]]. Dividese nas [[era xeolóxica|eras]] [[Paleoproterozoica]], [[Mesoproterozoica]] e [[Neoproterozoica]], da máis antiga para a máis recente.
Ao principio do Proterozoico os primeiros continentes ou cratóns estaban xa formados ao igual que a dinámica da codia terrestre representada pola súa división en placas tectonicas nas que se crea, transforma e destrúe a mesma.
Neste eón a Terra sufre cambios importantes rexistrándose un aumento da presión do osíxeno na atmosfera terrestre que deu lugar ao Grande Evento Oxidativo e tamén se produciron as primeiras glaciacións.
 
Foi durante o Proterozoico cando se formaron os [[continente]]s e mais cando apareceron nos océanos as formas de [[vida]] [[eucarionte]]. O [[Osíxeno molecular|osíxeno]] formouse na [[atmosfera terrestre|atmosfera]]. Considérase que as algas azuis foron as principais responsables desta grande acumulación de osíxeno. Arredor de mil millóns de anos atrás moitos tipos de algas comezaron a aparecer no rexistro de fóseis, incluindo as [[alga]]s verdes e vermellas.