Cambios

Calendario chinés

48 bytes engadidos, hai 8 anos
m
bot Engadido: yi:כינעזישער קאלענדאר; cambios estética
Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do [[calendario gregoriano]] solar que engade un día cada catro anos.
 
== Orixe ==
A súa orixe asóciase ao emperador [[Huang Ti]], ó redor do ano [[-2637|2637]] aC, cando introduciu 5 ciclos de doce anos rexidos por animais distintivos: [[rata]], [[boi]], [[tigre]], [[coello]], [[dragón]], [[cobra]], [[cabalo]], [[ovella]], [[mono]], [[galo]], [[can]] e [[porco]]. As casas lunares ou [[shǔ]] son cada unha das 28 constelacións do [[zodíaco]] lunar. Dependendo da data e hora de nacemento da persoa, a [[lúa]] estará nalgunha das casas lunares, determinando así o signo da persoa.
 
O calendario chinés tradicional<ref name="cronoauta"><small>[http://crononauta.com/c_chino_intro.html Historia sobre o Calendario chinés] en [http://www.crononauta.com Crononauta.com]</small></ref> é tan antigo que non se coñecen ben as súas orixes. Di a lenda que as súas primeiras bases se remontan ós xia, que habitaron aquelas terras sobre o [[-2205|2205]] a.C., mentres que outra tradición o atribúe directamente ó mítico Huang ti, unificador e primeiro emperador da China, que viviu alá polo século III a.C. Os historiadores sitúan as orixes cara á metade da [[dinastía Shang]] ([[-1300|1300]] a.C.), data da primeira constancia documental da utilización das contas cíclicas para os días.
Pasaron os séculos e cara o ano [[-104|104]] a.C., por medio de sistemas de observación e de medición das sombras proxectadas por un pau vertical (gnomon), os antigos astrónomos chineses chegaron a estimar a duración do [[ano]] en 365,2502 días, unha aproximación excelente para a época. Xa sobre o ano [[480]] da nosa era, o gran sabio [[Ju Chongzchi]] estableceuno en 365,2428 días, cun exceso de tan só 52 segundos sobre o valor vixente (365,2422). Ata a reforma gregoriana (proclamada en [[1582]]), o noso calendario acumulaba erros de 11 minutos e 14 segundos por ano (674 segundos). Ju Chongzchi foi trece veces máis preciso once séculos antes.
 
== Principios do calendario chinés ==
O calendario chinés é lunisola<ref name="cronoauta" />. O ano chinés ordinario consta de 12 lunacións (doce meses lunares) o que supón entre 353 e 355 días. Cada certo tempo (máis ou menos, cada tres anos) intercálase un [[ano embolismal]] (un ano con 13 meses lunares) de entre 383 e 385 días.
 
Como coñecían con gran exactitude a duración dos ciclos lunares e solares, chegaron á mesma conclusión matemática que outras moitas culturas, descubrindo o ciclo de 19 anos ([[ciclo metónico]]) e considerando anos embolismais o anos 3º, 6º, 9º, 11º, 17º e 19º do ciclo, pois a norma básica é que o '''solsticio de inverno''' debe suceder sempre no 11º mes do ano.
 
Os chineses medían o ano polo retorno do solsticio de inverno, e para iso valíanse do [[gnomon]], co que calibraban a lonxitude das sombras a mediodía. Considérase un ciclo de 60 anos, dividido en outro menor de 12 anos. Tamén hai un ciclo mensual meteorolóxico, con 24 puntos sinalados.
 
Dende a introdución do [[budismo]] en China cada ano, ademais do seu número, ten o nome dun signo do zodíaco. Os signos do zodíaco chinés son: [[Shu]] (rata), [[Niu]] (búfalo), [[Hu]] (tigre), [[Mao]] (coello), [[Long]] (dragón), [[She]] (serpe), [[Ma]] (cabalo), [[Xan]] (cabra), [[Hou]] (mono), [[Ji]] (galo), [[Gou]] (can) e [[Zhu]] (Porco). O [[aninovo|ano comeza]] cando o sol entra en [[pisces]], coa primeira lúa nova.
 
Cada mes o sol entra nunha constelación do zodíaco diferente. Se nun mes o sol non entra nunha constelación, ese acaba sendo o mes a intercalar. Chámase co nome do mes anterior antecedido do prefixo "shun-". Os meses agrúpanse en tres grupos: ''meng'' (primeiro), ''zhong'' (medio) e ''ki'' (último); e en catro estacións, ''chun'' ([[primavera]]), ''xia'' ([[verán]]), ''qiu'' ([[outono]]) e ''dong'' ([[inverno]]). O nome dos meses fórmanse combinado ámbolos dous conceptos, por exemplo "ki-tsin" é o último mes do outono. Os meses tamén se poden denominar como os anos.
 
Os meses chineses están compostos por tres semanas de 10 días cada unha. O grupo dos primeiros 10 días do mes recibe o nome de ''tschu''. Os días do mes cóntanse polos seus ordinais. O día comeza a media noite e divídese en 12 ''schis''. Cada schi consta de dúas horas, a primeira hora chámase ''schi-kjao'' e a segunda ''schi-tssching''. Cada schi divídese en oito ''ko'' (cuartos de hora), o ko ten 15 ''feus'', polo que un feu equivale a un minuto. Unha hora chámase ''tschuco'', un ''jiko'' é un cuarto de hora.
 
=== Axustes ===
Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada 2 ou 3 anos, a diferenza do [[calendario gregoriano]] solar que engade un día cada catro anos.
 
== Referencias ==
 
{{Listaref}}
[[vi:Lịch Trung Quốc]]
[[wuu:农历]]
[[yi:כינעזישער קאלענדאר]]
[[zh:農曆]]
[[zh-classical:農曆]]
75.548
edicións