Micenas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'perto' por 'preto'
RNC (conversa | contribucións)
m non me parece que sexa algo acaído o do emperador brasileiro para metelo neste artigo, ademais podería almorzar nun sitio ben pequecho.
Liña 8:
Crese que a [[acrópole]] ou "cidade alta" de Micenas foi fortificada no [[1500 a.C.]] aproximadamente, debido á presenza de [[túmulos verticais]] que datan deste período. Aproximadamente en [[1350 a.C.]] as fortificacións na acrópole e noutros outeiros circundantes foron reconstruídas nun estilo coñecido como "ciclópico", porque os bloques de pedra usados eran tan masivos que persoas en eras posteriores xulgaron que foron traballo de xigantes dun único ollo, coñecidos como [[cíclope]]s. Dentro destes muros, parte dos cales aínda poden ser vistos, foron erguidos palacios monumentais.
 
En períodos posteriores, os micenios pararon de enterrar os seus reis en túmulos verticais e pasaron a construír enormes sepulturas circulares chamadas ''[[tholoi]]'', frecuentemente construídas nos lados dos outeiros. A maior delas foron descubertas polo arquéologo alemán [[Heinrich Schliemann]]. Unha vez que esas enormes sepulturas foron saqueadas moito tempo antes, el non notou que era un túmulo e deulle o nome de [[Sala do Tesouro de Atreus]]. Esta é tan grande que permitiu que Schliemann certa vez recibise o Emperador do [[Brasil]], [[Don_Pedro_II|D. Pedro II]], para almorzar no seu interior durante a súa visita ás escavacións arqueolóxicas.
 
A construción máis coñecida de Micenas é o Portal do León, que foi erguido aproximadamente en [[1250 a.C.]]. Nesta época, Micenas probabelmente era unha cidade próspera, cun poder político, militar e económico que se estendía até [[Creta]], [[Pilos]], no Peloponeso occidental, e até [[Atenas]] e [[Tebas]]. Entrementres , preto do [[1200 a.C.]], o poder de Micenas estaba declinando; durante o século XII a.C., o dominio micénico entrou en colapso. Tradicionalmente, isto é atribuído a unha invasión dos [[Dóricos|dorios]], gregos do norte, aínda que actualmente algúns historiadores dubiden que tal invasión teña acontecido.