Papamoscas paporrubio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'presencia' por 'presenza'
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fr:Gobemouche nain; cambios estética
Liña 12:
Miden uns 11 cm. de lonxitude, o que os fai unha das especies máis pequenas de papamoscas, só algo meirande ca unha [[carriza]] '' (Troglodytes troglodytes) ''. Os machos máis vellos son inconfundibles, gracias ó seu peito laranxa avermellado e á cabeza gris, pero esta coloración aparece só no segundo ano de vida e mesmo algúns machos que xa superaron esta idade non amosan máis que unha lixeira coloración vermella na gorxa. O detalle que mellor os identifica e, a parte do seu tamaño, as plumas exteriores brancas da cola, que contrastan moito co negro do resto desta, impresión reforzada polo seu costume de abri-la cola. A cor de base da cabeza e o lombo e un castaño escuro máis axiña mate. A gorxa, o peito e a barriga dos machos de primeiro ano e das femias son claros cun matiz amarelado nas beiras. Teñen unha banda alar estreita alaranxada moi pouco visible. Na cabeza salientan os ollos grandes, negros e rodeados dunha área clara e abase inferior do bico amarela alaranxada.

== Voz ==

[http://www.stwehr.privat.t-online.de/zschnaep.wav Exemplo da voz do papamoscas paporrubio]
Liña 18:
[http://www.stwehr.privat.t-online.de/zschnaep.wav Stimmbeispiel]

== Distribución ==
[[Ficheiro:ficedula_parva_distr.png|thumb|400px|right|Distribución de ''F. parva'', ''F. albicilla'' ''F. subrubra''
'''laranxa''': zona de cría de ''F. parva''
'''azul escuro''': zona de invernada principal de ''F. parva''
'''laranxa escuro''': área de cría de ''F.albicilla''
'''azul claro''': área principal de invernada de ''F.albicilla''
'''púrpura''': área de cría de ''F. subrubra''
'''amarelo''': rexión principal de invernada de ''F.subrubra''.
'''Liñas vermellas''': zonas de contacto entre ''F.parva'' e ''F.albicilla'']]
''Ficedula parva'' vive nunha faixa de territorio ampla no leste e norte de [[Europa]] que chega polo leste os montes [[Urais]]. Polo norte chegan nalgúns puntos o [[círculo polar ártico]], polo sur ata os [[Balcáns]] e os [[Cárpatos]]. Máis cara ó leste o límite sur da súa área de cría corre polos 50º de latitude norte. Unha área de cría grande está situada nas zonas de bosque do [[Cáucaso]]. Nas montañas exteriores do [[Elbruz]], os [[Montes Zagros|Zagros]] setentrionais e o sudoeste de [[Turkmenistán]]. Na rexión rusa de [[Perm]] e algo o norte e sur dela hai unha área de intergradación ampla coa especie próxima do [[papamoscas da taiga]], o territorio de cría da cal chega ata a costa do Pacífico.
Liña 24:
Como reprodutores están tamén presentes en rexións parcialmente illadas de [[Austria]], [[Baviera]], e partes do norte e centro de [[Alemaña]], na costa búlgara do [[mar Negro]] e nos [[montes Pónticos]]. En [[Escandinavia]] cría regularmente, agás nalgunhas áreas onde o fai de xeito esporádico. No sur de Alemaña, [[Suíza]] e [[Dinamarca]] crían ocasionalmente.

== Hábitat ==

En razón das diferentes zonas climáticas nas que viven os hábitats que ocupan son variados. Prefiren, porén, zonas pechadas de árbores altas e vellas, con follaxe non moi mesta . Os lugares ideais están a miúdo en ladeiras escarpadas e queivancas. A proximidade da auga, unha certa cantidade de madeira morta e árbores danados ou con polas mortas na súa parte superior completarían a lista de condicións ideais para a súa vida.
Liña 31:
Viven tanto nas terras baixas coma en bosques de outeiros e montañas. En Armenia os seus niños atópanse ata preto dos 2300 m. No sueste e centro de Europa crían maioritariamente en zonas de outeiros e zonas baixas das montañas .

== Alimentación e obtención dos alimentos ==

Aliméntanse fundamentalmente de [[insectos]] e [[arácnido]]s pequenos. Bolboretas, formigas, escaravellos pequenos e moscas son básicos tanto na alimentación dos adultos coma na dos polos. Ocasionalmente poden engulir caracois pequenos. No outono complementan a dieta con algunhas baias.
Utilizan técnicas de caza variadas. Cando cazan á espreita capturan os insectos despois dun voo curto, que non adoita superar os dous metros. Tamén inspeccionan en voo as follas para localizar posibles presas. En xeral fan as súas capturas na parte superior das árbores. Máis raramente buscan comida en arbustos ou no chan.

== Conduta ==

Son aves diúrnas que na época reprodutora aproveitan tamén o crepúsculo e as primeiras horas da noite. No momento culminante da época do cortexo, cando os machos pasan máis tempo cantando, comezan ó redor dunha hora antes saír o sol e algúns cantan mesmo á noitiña. Nesa época son moi territoriais e fora dela solitarios, por ben que algunhas veces se moven en pequenos grupos, as veces mesturados con outros paxaros pequenos. Especialmente durante o cortexo, pero tamén fora del, exhiben a cola algo aberta amosando o seu deseño característico.
Liña 45:
Perante a presenza de inimigos compórtanse de xeito tímido e, especialmente durante a cría, moi silenciosamente. Poden abandonar facilmente as postas recentes se os molestan, pero despois de naceren os polos fanse menos coidadosos e os machos avisan mesmo da presenza de inimigos potenciais afastados. Se estes se achegan perigosamente, atácanlles con golpes de bico, das alas e tentan afastalos do niño.

=== Movementos migratorios ===

[[Ficheiro:Ficedula pava migration.png|thumb|200px|Rutas migratorias de ida e volta dos exemplares do nordeste de Europa]]
Liña 53:
Coma noutras aves, dánse ocasionalmente nesta especie casos de voos migratorios erróneos, nos que algúns exemplares, habitualmente xoves, se desvían da dirección correcta. A causa destes erros non está clara e puidera deberse a factores meteorolóxicas. Papamoscas nestas condicións poden aparecer no [[mar do Norte]], [[Francia]] ou o [[Reino Unido]] en setembro ou máis tarde. Unha parte destes exemplares pode recobra-la orientación aínda que adoitan acabar a viaxe algo máis ó sur do habitual, por veces no [[Oriente Próximo]] ou o nordeste de África.

== Bioloxía reprodutora ==

== O cortexo ==

Máis dos papamoscas paporrubios maduran sexualmente despois da volta da primeira viaxe migratoria, con algo menos dun ano. Moitos deses exemplares ocupan un territorio pero non chegan a reproducirse. A delimitación do territorio e o cortexo duran relativamente pouco, unhas dúas ou tres semanas habitualmente. Durante ese período, que en Centroeuropa vai de maio a mediados de xuño, poden facerse notar dabondo. Os machos ocupan, en chegando da migración, de seguida un territorio que marcan co seu canto e voos de demostración que van dende un pousadoiro a outro. Se aparece unha femia no territorio, o macho amósalle sitios xeitosos para face-lo niño introducíndose en furados ou ocos, nos que fai un ritual de construción. Máis tarde a femia colabora na exploración de posibles niños. A cópula e precedida por voos de persecución de varios minutos, interrompidos por posturas de exhibición do macho, que abre a cola en abanico. Ás veces a femia fai un baile ó redor do macho coas alas colgando.
Liña 63:
Fan os niños en furados, ocos e nichos máis ou menos pechados. De cotío aproveitan feridas nas árbores, producidas ó separarse partes da casca ou niños de [[peto pequeno]] ou de [[ferreiriño negro]]. Á veces fan niños libres en xeito de cunca en sitios axeitados entre os ramallos e foron vistos niños en furados da rocha. Raras veces usan niños artificiais. Aínda que non se pode dicir que escollan especies de árbores determinadas, se cadra amosan certa preferencia polas [[faia]]s e os [[tileiro]]s. <ref> Mitrus & Socko (2004) </ref>. Os niños están construídos a alturas variables, dende preto do chan ós 20 m. e máis de altura. O niño é construído case exclusivamente pola femia, colaborando o macho só os primeiros días con aportes de material. Os niños construídos en sitios abertos son construcións ben tecidas con xeito de cunca. Os que están dentro de buratos son acumulacións menos compactas e máis voluminosas de materiais coma brión, poliñas moi finas, pallas, [[fieito]]s e mesmo follas secas. Na construción entran tamén teas de [[araña]], seda de [[larva]]s, pelos e ás veces plumas.

=== Posta e incubación ===

Poñen de 4 a 7 ovos de ovalo curto case monocromos, de cor castaño ferruxento ou amarelo de arxila, que miden uns 16,6 x 12,7 mm. Van poñendo os ovos cunhas 24 horas de diferencia entre cada un e a incubación adoita empezar despois de poñeren o cuarto. Chocan, as femias, uns 15 días, período no que son alimentadas polo macho uns dúas ou tres veces por hora. Nos primeiros días despois de naceren os polos o macho segue a ocuparse en exclusiva da alimentación da femia e a niñada. A partir do cuarto día a femia colabora na caza. Durante este tempo o territorio de caza é moi pequeno e os pais poucas veces se afastan máis de 100 m. dos polos. Estes pasan uns 16 días no niño, que só abandonan algo antes se son molestados. Cando xa poden voar, os pais cóidanos aínda uns días antes da dispersión definitiva, O período de cría varía moito rexionalmente. As primeiras postas fanse nas primeiras semanas de maio, o pico de postas a mediados de xuño. Só no caso de perderen a primeira posta poden facer unha segunda, composta case sempre por menos ovos.

== Situación da especie ==

O papamoscas paporrubio e o papamoscas da taiga non se consideran polo de agora especies ameazadas aínda que da derradeira especie ''Ficedula albicilla'' non se dispón de datos dabondo. A situación do papamoscas de Caxemira foi, porén, valorada pola [[IUCN]] como ''VU'' (=''vulnerable'') polo escaso número de individuos e o minguado da súa área de distribución que fai que ''Ficedula subrubra'' estea particularmente ameazado polos cambios no seu hábitat.

== Nomes vulgares noutras linguas ==

*'''Alemán''': Zwergschnäpper.
Liña 83:
*'''Sueco''': Mindre flugsnappare.

== Fontes ==

Liña 89:

== Literatura ==

* Hans Günther Bauer/Peter Berthold: ''Die Brutvögel Mitteleuropas. Bestand und Gefährdung.'' Aula-Verlag, Wiesbaden 1997. S. 402 ''f.'' ISBN 3-89104-613-8
Liña 100:
*Jochen Hölzinger ''et al.'': ''Die Vögel Baden-Württembergs. Singvögel 2''. Ulmer Stuttgart 1997; S 38-44. ISBN 3-8001-3483-7

== Ligazóns externas ==

{{Commons|Ficedula parva|Papamoscas paporrubio}}
Liña 119:
[[en:Red-breasted Flycatcher]]
[[fi:Pikkusieppo]]
[[fr:Gobe-moucheGobemouche nain]]
[[hu:Kis légykapó]]
[[ja:オジロビタキ]]