Península do Barbanza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
O punto máis alto da península é [[Iroite]], monte de 650 metros no norte do concello de Porto do Son. Mais supéralle en fama, quizáis, [[a Curota]], de 514 metros de altura, e dende o cal temos a impresionante vista de toda a ría de Arousa.
 
A extensión dos concellos da península é de, aproximadamente, de 468 km², nos que se concentra unha poboación moi elevada: 94931. Isto da unha moi alta densidade de poboación: 202'8 hab/km².
 
Esta alta densidade de poboación, sen embargo, parece non afectar demasiado á fauna e flora do lugar, pois mesmo no concello de Ribeira, o máis poboado da penísula, atópase o parque natural das [[dunas de Corrubedo]]; así como hai outras moitas zonas relativamente virxes, especialmente no concello de Porto do Son e Lousame, onde hai zonas con moi baixas densidades de poboación.