Península do Barbanza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9:
Esta alta densidade de poboación, sen embargo, parece non afectar demasiado á fauna e flora do lugar, pois mesmo no concello de Ribeira, o máis poboado da penísula, atópase o parque natural das [[dunas de Corrubedo]]; así como hai outras moitas zonas relativamente virxes, especialmente no concello de Porto do Son e Lousame, onde hai zonas con moi baixas densidades de poboación.
 
A península do Barbanza é un lugar onde se poden atopar moitos ríos, algúns bastante caudalosos, coma o [[río Sieira]] ou o [[río Barbanza]]. Pero, indudablemente, o maior río que pasa polo Barbanza, é tamén un dos maiores de Galicia, é o [[Tambre]], que pasa polo concello de Lousame e desemboca no de Noia.
 
No apartado económico, pódese salientar a grande industrialización de [[Santa Uxía]], capital de Ribeira, ou a vila de Noia, onde se atopa unha grande cantidade de comercios. Son importantes tamén núcleos urbáns que non son capital de concello, onde son importantes, por exemplo, os que rodean Santa Uxía ([[Palmeira, Ribeira|Palmeira]], [[Aguiño]]...) ou [[Portosín]], no concello de Porto do Son.