Lucio Tarquinio Prisco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Unha das súas primeiras reformas foi engadir 100 novos membros ao [[Senado romano|Senado]] procedentes das tribos etruscas conquistadas, polo que o número de senadores ascendeu a un total de 300. Utilizou o gran botín obtido nas súas campañas militares para construír grandes monumentos en Roma. Entre estas obras destaca o gran sistema de [[alcantarillado]] da cidade, a ''[[Cloaca Maxima]]'', cuxo fin foi drenar as augas que adoitaban estañárense nos vales situados entre os outeiros de Roma. No lugar das antigas marismas, Prisco iniciou a construción do [[Foro Romano]]. Outra das innovacións do rei foi a creación dos Xogos Romanos.
 
O máis célebre dos seus proxectos de construción foi o [[Circo Máximo]], un gran estadio que albergaba carreiras de cabalos, que é ata a data o meirande de todos os erixidos no mundo. Prisco continuou o Circo Máximo coa construción de un templo-fortaleza sobre o outeiro do Capitolio, consagrado ao deus [[Xúpiter (mitoloxíadeus)|Xúpiter]]. Desafortunadamente, foi asasinado tras 38 anos de reinado polos fillos do seu predecesor, [[Anco Marcio]], antes mesmo de que o templo estivese rematado. O seu reinado é recordado ademais por introducir os símbolos militares romanos e os cargos civís, así como pola celebración do primeiro [[triunfo romano|triunfo]].
 
{{template:reisderoma}}