Herbicida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m controis, NOMIG
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sl:Herbicid; cambios estética
Liña 1:
Os '''herbicidas''' son [[pesticida]]s empregados para matar plantas non desexadas. Os herbicidas selectivos matan determinadas plantas e deixan a colleita desexada relativamente ilesa. Para interferir no desenvolvemento das plantas, os herbicidas baséanse frecuentemente nunha [[hormona]] da planta. Moitos dos herbicidas que se botan na terra non son selectivos e matan todo o material vexetal co que entran en contacto. Algunhas plantas, como as nogueiras (xénero Julans), producen herbicidas naturais. Os herbicidas son amplamente empregados na [[agricultura]] e no mantemento de céspedes. Tamén se aplican en programas de control da vexetación nas beiras das estradas e nas vías do ferrocarril[[Ficheiro:Herbicidas.jpg|thumb|Na fotografía os seguintes herbicidas: ''Touchdown'' ingrediente activo [[Glifosato]]; ''Banvel Triple'' contén [[2,4-D]], [[MCPA]], [[Dicamba]]; ''Aracloro Super'' compoñente activo Alacloro (C<sub>14</sub>H<sub>20</sub>ClNO<sub>2</sub>)]]
 
== Historia ==
Antes de estenderse o emprego dos herbicidas químicos, os controis culturais, tales como alterar o [[pH]] do chan, a [[salinidade]] ou os niveis de fertilidade foron utilizados para controlar malas herbas.
 
O primeiro herbicida amplamente empregado foi o ácido 2,4-diclorofenoxiacético, coñecido abreviadamente como '''2,4-D'''. Foi desenrolado por un equipo británico durante a Segunda Guerra Mundial. É fácil de fabricar e barato e mata moitas plantas de folla ancha, [[dicotiledónea]]s, mentres que as de folla fina, [[monocotiledónea]]s, quedan en gran parte sen sufrir os seus efectos, aínda que doses altas de 2,4-D nos períodos cruciais do crecemento das colleitas poden danar cereais e millo. O baixo custo de produción do 2,4-D fai que aínda hoxe sexa uns dos herbicidas máis empregados.
 
O 2,4-D ten unha selectividade relativamente baixa polo que fai sentir os seus efectos a plantas que en principio non son branco do mesmo. Un herbicida chámase selectivo se afecta solo a un determinado tipo de plantas e non selectivo se inhibe a maioría das plantas.
 
Nos anos setenta introduciuse a [[Atrazina]], que ten a dubidosa distinción de ser o herbicida que causa a máis grande preocupación pola contaminación das augas subterráneas. A atrazina é arrastrada profundamente pola auga da choiva e é moi persistente, causando a contaminación das augas subterráneas.
Liña 14:
Moitos herbicidas químicos modernos formúlanse para descompoñerse dentro dun curto período de tempo despois do seu uso. Este é un efecto moi desexable pois permite que futuras colleitas medren nesa terra sen verse afectadas polo herbicida, aínda que os herbicidas con actividade residual baixa a miúdo non proporcionan un control suficientemente prolongado e adecuada das malas herbas.
 
== Efectos na saúde ==
Os herbicidas poden causar unha gran variedade de efectos sobre a saúde, que van dende [[erupción cutánea]]s á morte. O camiño do ataque pode presentarse por unha aplicación incorrecta que de como resultado o contacto cos traballadores do campo , inhalación de [[aerosol|aerosois]] aéreos, consumo de alimentos e contacto coa contaminación residual do chan. Os herbicidas poder ser transportados polas augas e contaminar augas distantes do seu punto de aplicación.
 
Liña 22:
Algúns dos herbicidas en uso están acusados de producir [[mutación]]s, ser [[carcinóxeno]]s ou [[teratóxeno]]s.
 
== Clasificación dos herbicidas ==
Os herbicidas poden agruparse pola actividade, uso, familia química, modo de acción e tipo de vexetación controlado.
 
Liña 40:
*Os '''inhibidores da ACCasa''' son uns compostos que matan herbas do tipo das [[gramínea]]s. A coenzima A do acetilcarboxilasa (ACCasa) é parte do primeiro paso da síntese dos [[lípido]]s. Así, os inhibidores da ACCasa afectan á produción da [[membrana]] das [[célula]]s nos [[meristemo]]s das plantas herbáceas, (monocotiledóneas). As ACCasas das herbas son sensibles a estes herbicidas, mentres que as ACCasas das plantas dicotiledóneas non o son.
 
*'''Inhibidores de ALS''': A enzima sintasa do acetolactato (ALS) (tamén coñecida como sintasa do ácido acetohidróxido, ou AHAS) é o primeiro paso na síntese dos aminoácidos con [[valina]], [[leucina]] e [[isoleucina]]. Estes herbicidas matan lentamente de fame as plantas afectadas por estes aminoácidos. Afectan tanto a [[monocotiledónea]]s como [[dicotiledónea]]s, A familia dos ALS inclúe as sulfonilureas (SUs), os imidoazolinonas (IMIs), os triazolpirimidinas (TPs), os oxibenzoatos de pirimidinilo (POBs) e as triazolinonas do carbonilsulfonilamino (SCTs)
 
*'''Inhibidores de EPSPS''': A enzima EPSPS, sintasa do fosfato de enolpiruvishkimato, emprégase na síntese dos aminoácidos [[tiptófano]], [[fenilalanina]] e [[tirosina]]. Afectan a monocotiledóneas e dicotiledóneas. O [[Glifosato]] é un inhibidor sistémico de EPSPS que se volve inactivo en contacto co chan.
Liña 48:
*'''Os inhibidores do fotosistema II'''. Estes inhibidores reducen o fluxo de electróns da auga a NADPH2+ nun paso da [[fotosíntese]]. Bloquean o sitio Qb na proteína D2 e evitan que a [[quinona]] se enlace a ese sitio. Polo tanto este grupo de compostos fai acumular electróns na molécula de clorofila II o que leva a unha cadea de reacción que ocasionan a morte da planta. Os herbicidas de triazina ( incluíndoa atrazina) son inhibidores PSII.
 
== Uso ==
A maioría dos herbicidas aplícanse por pulverización formando aerosois de base acuosa empregando equipos de terra. Os equipos de terra varían en deseño pero para grandes superficies empréganse sistemas autopropulsados (tractores) con longos brazos nos que hai exectores cada 50 cm, co que se consigue pulverizar unha gran superficie simultaneamente.
Os herbicidas tamén se poden aplicar con medios aéreos, usando [[helicóptero]]s ou [[aeroplano]]s, e tamén se poden aplicar a través de sistemas de [[irrigación]].
 
== Herbicidas importantes de uso actual ==
*'''[[Imazapyr]]''', herbicida non selectivo usado no control dunha ampla gama de malas herbas, incluíndo herbas anuais e perennes, arbóreas e acuáticas.
 
Liña 59:
*'''[[Glifosato]]''', mata calquera tipo de planta. É un herbicida non selectivo, sistémico. Emprégase para o control e malas herbas en colleitas xeneticamente modificadas para resistir os seus efectos. É un inhibidor de EPSPS.É posiblemente o herbicida mais usado no mundo. A sua marca comercial mais coñecida é o ROUNDUP fabricado pola multinacional Monsanto.
 
*'''[[Paraquat]]''', herbicida non selectivo, de contacto, empregado para o control de plantas emerxidas, tanto de folla ancha como estreita. É absorbido polas partes verdes da planta, non sendo absorbido polas raíces nin polas cortizas maduras. Emprégase na destrución aérea de plantacións de [[marihuana]] e [[coca]]. Entre os herbicidas de uso comercial extenso, é o máis tóxico para as persoas. Frecuentemente asóciase a un [[emético]] para provocar o [[vómito]], caso de ser inxerido por persoas ou animais.
 
*'''[[2,4-D]]''', é un herbicida do grupo fenoxi usado nos céspedes. Utilízase principalmente en mestura con outros herbicidas que actúan en sinerxía. É o herbicida máis amplamente empregado no mundo. É unha [[auxina]] sintética.
Liña 67:
*'''[[Metalacloro]]''', é un herbicida de pos-temerxencia amplamente empregado para o control de gramíneas anuais: Echinocloa, Dixitaria, Setaria, Lolium e outras. É moderadamente activo contra a xuncia. Indicado para o cultivo de maínzo, patacas, remolacha e xirasol. Debe aplicarse cando as herbas aínda son noviñas. Substituíu en gran parta á atrazina nesta aplicación. Non debe utilizarse cerca de cursos de auga, deixando sen tratar unha banda de seguridade de 20 m.
 
*'''[[Dicamba]]''', herbicida de post-emerxencia contra herbas anuais de folla ancha que persiste activo no chan. Actúa a través de follas, brotes e raíces. Empregado no maínzo, trigo, cebada, avea, praderías de gramíneas e no céspede. É unha auxina sintética.
 
*'''[[Picloram]]''', herbicida piridínico, moi persistente, que se usa para o control de leñosas en terreos sen cultivo (silveiras, toxos, xestas, etc.). Emprégase tamén contra Labaza (Rumex) e outras especies de folla ancha en praderías de gramíneas. É absorbido por vía radicular e foliar. Controla principalmente árbores e arbustos non desexados en pastos e bordes de campos. É unha auxina sintética.
Liña 79:
*'''[[Fluazifop-p-butil]]'''. Herbicida sistémico de post-emerxencia que se emprega en cultivos de folla ancha para o control de gramíneas anuais e perennes. Pode botarse nos cultivos e patacas, leguminosas, horta, cultivos industriais florais e ornamentais, froiteiras e vide.
 
*'''[[Dicuat]]'''. Herbicida e contacto de acción rápida, máis específico contra herbas de folla ancha. Úsase como desecante en certos cultivos. Autorizado en patacas, maínzo, xirasol e algodón como desecante. Noutros cultivos emprégase como herbicida de pre-laboreo ou para botar entre liñas sen mollar as follas do cultivo
 
*'''[[Nicosulfuron]]'''. Herbicida de post-emerxencia contra herbas gramíneas e dicotiledóneas no cultivo do maínzo. Activo contra Equinocloa e outras gramíneas resistentes. Complementario contra a xuncia.
 
*'''[[Tralkoxidium]]'''. Herbicida de postemerxencia contra Avea, Ballico e outras gramíneas nos cultivos de trigo, cebada e triticale.
 
'''(Segundo o ANEXO I da directiva 91/414/CEE fican excluídas do emprego, fabricación e comercialización as seguintes materias activas de herbicidas a partir do ano 2007: Alacloro, Atrazina, Dimetenamida, Diuron,Fluazifop-butil, Haloxyfop-R,Imazapyr, Metalacloro, Paracuat, Simazina e outras.)'''
 
== Herbicidas de interese histórico ==
*O ácido 2,4,5-triclorofenoxiacético ([[2,4,5-T]]) era un herbicida foliar amplamente empregado ata finais dos anos setenta. Mentres que o 2,4,5-T, en si mesmo, é de toxicidade moderada o proceso de fabricación contamina este produto con cantidades traza de 2,3,7,8-tetraclorodibenco-p-dioxina (TCDD). A [[TCDD]], [[dioxina]], é extremadamente tóxica. Con control apropiado da temperatura durante a fabricación do 2,4,5-T, os niveis de TCDD poden baixarse a niveis de 0,005 [[ppm]]. Antes de que os riscos do TCDD fosen coñecidos as instalacións de produción carecían dos controis apropiados. Avaliacións posteriores das primeiras producións de 2,4,5-T atoparan ata 60 ppm de TCDD.
 
*O 2,4,5-T foi retirado do seu uso nos EEUU en 1983 cando a preocupación pública polas dioxinas era alta. Outros produtos químicos que potencialmente causaban contaminación por TCDD tamén foron retirados, pentaclorofenol incluído (un conservador da madeira) e [[PCB]]s (amplamente usados como estabilizadores dos aceites que refrixeran os transformadores eléctricos). Algúns opinan que retirar o 2,4,5-T non foi unha decisión acertada pois foi substituído en gran parte polo dicamba e o triclopir.
 
*O [[axente laranxa]] era unha mestura de herbicidas usada polos militares dos EEUU na guerra de [[Vietnam]] entre xaneiro de 1965 e abril de 1970 como defoliante para impedir que as tropas do Vietcong se ocultaran na espesura da selva e facer visibles as súas liñas de aprovisionamento. Era unha mestura de [[2,4,5-T]], [[2,4-D]] e [[picloram]]. Debido á alta contaminación por dioxinas, TCDD, no compoñente 2,4,5-T (presente nos lotes desta sustancia proporcionados por un dos seus fabricantes, debido ó proceso de produción que este fabricante empregaba), culpóuselle de serias enfermidades que apareceron en moitos soldados e na poboación local . O nome de axente laranxa provén da banda de color laranxa usada polo exército nas barricas que contiñan o produto. Hai que indicar que había outras mesturas de [[auxina]]s sintéticas na guerra de Vietnam, en envases que foron coñecidos polas súas cores, tales como axente púrpura ou o axente rosa.
 
== Referencias ==
<references />
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
;Fabricante se distribuidores
*[http://www.bayercropscience.com Bayer Cropscience]
Liña 136:
[[ru:Гербициды]]
[[simple:Herbicide]]
[[sl:Herbicid]]
[[sv:Herbicid]]
[[ta:களைக்கொல்லி]]