Diferenzas entre revisións de «Equivalencia masa-enerxía»

m
bot Modificado: zh:質能方程; cambios estética
m (bot Engadido: ml:E = mc²)
m (bot Modificado: zh:質能方程; cambios estética)
 
 
== Aplicacións da ecuación ==
A ecuación, E=mc<sup>2</sup>, aplícase a tódolos obxectos que contan cunha masa polo feito de que a masa dun obxecto derívase da enerxía (ou a enerxía da súa masa) e é posible converter de enerxía a masa e viceversa. A aplicación de dita ecuación ós obxectos en movemento dependería da definición de ''masa'' que se estea utilizando na ecuación.
 
Cabe notar que na física moderna a masa é absoluta e a enerxía é relativa. Baseándose neste punto pódese dicir que tecnicamente a masa non é enerxía nin tampouco a enerxía é igual á masa. A ecuación simplemente detalla a conversión de masa a enerxía.
 
=== Utilizando a masa relativista ===
Nos ensaios de Einstein a variable ''m'' representaba o que agora se coñece como ''masa relativista''. Dita masa relaciónase coa masa estacionaria, que é a masa dun obxecto que se encontra fixo desde o marco de referencia sendo utilizado. A masa relativista dun obxecto cambia coa velocidade dun obxecto, increméntase a medida que a velocidade dun obxecto incrementa desde o punto de vista utilizado, mentras que a masa estacionaria é unha cantidade fixa. As dúas masas relaciónanse entre si segundo a ecuación:
 
Se se usa a masa relativista dun obxecto tense que cambiar a ecuación orixinal a <math>E = mc^2 </math> a E = <math>m_0c^2</math> e esta non aplicaría a un obxecto en movemento xa que <math>m_0</math> só se aplica ó caso en que v = 0, e cando ''v'' é igual a cero, m = <math>m_0</math>.
 
=== Utilizando a masa en reposo ===
Os físicos modernos non acostuman utilizar a masa relativista, razón pola que ''m'' representa a masa en reposo e a variable ''E'' é a ''enerxía en reposo'' (a enerxía dun obxecto que non se encontra en movemento) na ecuación E = mc<sup>2</sup>. A ecuación que se utiliza para os obxectos que se encontran en movemento é
 
Na ecuación <math>p = \gamma mv</math> é o ''[[Cantidade de movemento|ímpetu]]'' do obxecto. Esta ecuación redúcese a E = mc<sup>2</sup> nos casos en que un obxecto se encontra en reposo. Por motivos de claridade a variable ''m'' representará a masa relativista e m<sub>0</sub> representará a masa en reposo no resto do artigo.
 
== Aproximación de baixa enerxía ==
Dado o feito de que a enerxía en reposo é igual a m<sub>0</sub>c<sup>2</sup>, a enerxía total é igual á suma da [[enerxía cinética]] máis a enerxía en reposo. A ecuación que xera o total da enerxía cinética relativa é a seguinte:
 
Einstein demostrou que a física clásica estaba errada cando trataba de explicar obxectos masivos ou obxectos que viaxan a velocidades moi elevadas. No caso dos obxectos máis pequenos e lentos, que foron a base da física clásica de Newton, a física clásica si é compatible coa física moderna.
 
== Ensaio de Einstein de 1905 ==
A ecuación, E = mc<sup>2</sup>, non foi formulada exactamente en dita forma no ensaio de [[Albert Einstein]] publicado en 1905. Einstein titulou dito ensaio ''"Ist die Trägheit eines Körpers von seinem Energieinhalt abhängig?"'' (''"¿A inercia dun corpo depende do seu contido enerxético?"'', publicado en ''[[Annalen der Physik]]'' o 27 de setembro). Na actualidade este ensaio inclúese nos ensaios de Einstein titulados colectivamente como os [[Ensaios Annus Mirabilis]].
 
A fórmula ''L/c<sup>2</sup>'' equivale á diferencia de masa antes e despois da expulsión de enerxía; esta ecuación non representa a masa total dun obxecto. Cando Einstein publicou o seu ensaio esta fórmula era unha teoría e todavía non se probara a través de experimentos.
 
== Contribucións doutros físicos ==
Einstein non foi o único físico que notou a relación da enerxía e a masa, pero si o primeiro en publicar dita relación como parte dunha teoría moito máis importante e en deducir a relación da enerxía coa masa desde outra teoría.
Segundo [[Umberto Bartocci]] (historiador de matemáticas na Universidade de Perugia), [[Olinto De Pretto]], oriundo de [[Vicenza]], [[Italia]], xa publicara a ecuación dous anos antes que Einstein. Moitos historiadores non están dacordo con está declaración ou non lle dan moita importancia. Os que defenden a Einstein tamén sosteñen que aínda se fose certo que De Pretto foi o primeiro en publicar a fórmula, foi Einstein quen a puido relacionar coa [[teoría da relatividade]].
 
== Biografía ==
Utilizouse esta célebre ecuación (''E=mc<sup>2</sup>'') como o título dunha biografía de [[Albert Einstein]] que se transmitiu por televisión no 2005. Dito programa enfocouse principalmente en 1905.
 
== Véxase tamén ==
* [[Celeritas]] a razón pola que se utiliza a variable ''c'' en E=mc<sup>2</sup>.
* [[Relación de enerxía-momento]]
* '''''=mc<sup>2</sup>''''' é a abreviatura de '''[[Museos Científicos Coruñeses]]''' entidade que reúne ó [[Aquarium Finisterrae]], a [[Casa das Ciencias]] e a [[Casa do Home]].
 
== Fontes ==
* Bodanis, David (2001). E=mc<sup>2</sup>: A Biography of the World's Most Famous Equation, Berkley Trade. ISBN 04251816420-425-18164-2.
* Tipler, Paul; Llewellyn, Ralph (2002). Modern Physics (4th ed.), W. H. Freeman. ISBN 07167434500-7167-4345-0.
 
== Ligazóns externas ==
*[http://www.fisica-relatividad.com.ar/sistemas-inerciales/principio-de-equivalencia Principio de Equivalencia entre Masa e Enerxía (en castelán)]
* [http://www.fourmilab.ch/etexts/einstein/E_mc2/www/ O Ensaio de Einstein de 1905 (en inglés)]
[[tr:E=mc²]]
[[uk:Формула Ейнштейна]]
[[zh:等价方程]]
76.344

edicións