Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mercy (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 85.91.87.250 (conversa); cambiado á última versión feita por Albert galiza
Sen resumo de edición
Liña 56:
O [[19 de outubro]] dese ano 1912 casou con [[Virxinia Pereira Renda]] (A Estrada, 1884 - Madrid, 1969), na igrexa de San Paio da [[A Estrada|Estrada]], sendo oficiada a cerimonia polo seu amigo o crego [[Antonio Rey Soto]]<ref name=galespa/>.
O 1º de febreiro de [[1914]] naceu na Estrada OS MELLORES o seu único fillo, Alfonso Xesús de Braga<ref>Data quitada da cronoloxía de Miguel Anxo Seixas. Outras fontes datan este feito en xaneiro e mesmo en 1913 (por exemplo, Modesto Hermida García: ''Castelao e Os dous de sempre'').<br>Rodolfo Prada, íntimo amigo de Castelao, escribe nunha [http://www.museocastelao.com/morte/carta.html carta] a Ramón Otero Pedrayo (20-II-1950): ''"Os dous —pai e fillo— cumprían anos o 31 de xaneiro e os dous morreron en xaneiro..."''.</ref>. Outro fito transcendente na vida de Castelao acontecido nese ano de 1914 foi un desprendemento de [[retina]] que o deixa case cego, pero unha operación devólvelle a vista. Aínda así, esta quedoulle moi reducida durante o resto da súa vida e, segundo el mesmo escribiu, foi un dos motivos polos que decide abandonar definitivamente a medicina e buscar un traballo máis seguro como funcionario. Aínda así, volveu exercer como médico en Rianxo durante a epidemia da [[gripe de 1918]]<ref>En carta remitida o 18 de febreiro de 1928 ao Presidente do Centro Galego de Bos Aires confésalle que "''temiendo quedarme inútil algún día para el trabajo, ingresé por oposición en el Cuerpo Facultativo de Estadística con objeto de asegurar mi jubilación que me pusiera a cubierto de la miseria y de la filantropía''". Tamén tivo que pesar nesta decisión o feito de buscar un traballo seguro cun soldo fixo e que lle deixase tempo libre para dedicarse ó debuxo, dúas vantaxes que non reunía o seu traballo como médico rural.</ref><ref>[http://consellodacultura.org/mediateca/files/2009/06/la_feria_del_mundo.pdf La feria del mundo: crónicas desde Chile (1942-1956)], [[Ramón Suárez Picallo]], px. 354. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-61-4.</ref>.
 
En ''Retrincos'' (formado por relatos breves autobiográficos) escribe en [[1927]] que "''por amaina-la concencia guindei co meu tiduo de médico no fondo dunha gaveta e busquei outra maneira de me valer''"<ref>No comezo da narración titulada "''O retrato''".</ref>.