Exoesqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'tráquea' por 'traquea'
Liña 16:
O crecemento dos artrópodos require que se desprendan periodicamente do seu esqueleto externo, fenómeno ó que nos referimo como [[muda]] ou [[ecdise]]. Cando chega o momento o animal pasa a un estado de quiescencia (repouso), durante o cal afrouxa a consistencia das partes internas da [[cutícula]], á vez que a [[epiderme]], que está debaixo, prepárase para a síntese e secreción dos compoñentes da nova cutícula. Por un aumento da presión interna, ou ás veces por outro mecanismo, desgárrase a vella cutícula e o animal realiza os esforzos necesarios para se desprender dela á vez que segrega a nova. Cando sae áchase nun estado de debilidade e a súa consistencia é branda. Nun prazo máis ou menos breve a nova cuberta endurece.
 
A ecdise afecta, naturalmente, aos recubrimentos das cavidades internalizadas, de orixe [[ectodermo|ectodérmico]] (os dous extremos do tracto dixestivo e, en artrópodos aéreos, as tráqueastraqueas ou pulmóns).
 
A ecdise non atinxe soamente aos [[artrópodo]]s, senón aos outros [[filo]]s dotados de cutícula cos que están emparentados, e que conforman con eles os [[Ecdysozoa|ecdisozoos]].