Alfred Charles Kinsey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'achádego' por 'achado'
Liña 8:
 
===Investigando o comportamento sexual dos seres humanos===
Non obstante, en [[1938]] ocorreu un feito que cambiaría o ámbito investigador do doutor Kinsey. Ese ano recibiu o encargo de impartir un curso sobre matrimonio, recentemente incorporado á oferta da Universidade de Indiana. Kinsey centrou as súas leccións nos aspectos biolóxicos do matrimonio. Inmediatamente quedou fascinado ó descubrir a complexidade do comportamento sexual humano e a escasez, por non dicir, inexistencia de estudos ó respecto. Axiña Kinesy comezou a recompilar historiais sobre a vida sexual dos norteamericanos. Pero o seu traballo neste eido espertou unha forte polémica na comunidade universitaria de Indiana o que obrigou a Kinsey a proseguir as súas investigacións de forma privada. Kinsey elaborou un profuso test e dedicouse a viaxar por todo o este dos EE. UU. en busca de persoas dispostas a relatarlle a súa vida íntima. Para Kinsey foi todo un achádegoachado descubrir os submundos da prostitución e da homosexualidade.
 
En 1940 Kinsey puido contar por primeira vez cunha bolsa, ofrecida pola fundación [[Rockefeller]], para continuar o seu proxecto. Inmediatamente contratou e adestrou un grupo de colaboradores. Con este equipo conseguiu confeccionar máis de 18.000 entrevistas. A partir destas entrevistas, Kinsey puido establecer diversas correlacións que estiveron na base do libro que publicou en 1948: ''Sexual Behavior in the Human Male'' ("O comportamento sexual no home"). Ademais o ano anterior á publicación do libro, isto é, en 1947 Kinsey acordou con Herman B. Wells, reitor da Universidade de Indiana, a creación do ''Institute for Sex Research'' ("Instituto para a Investigación Sexual"), rebautizado en 1982 como ''The Kinsey Institute for Research in Sex, Gender, and Reproduction'' ("Instituto Kinsey para a Investigación en Sexo, Xénero e Reprodución").