Disco celeste de Nebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
recategorizo e corrixo
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'achádego' por 'achado'
Liña 14:
|[[Ficheiro:Nebra-7.jpg |thumb|200px|'''[[Solsticio]] de inverno:''' a posta do Sol alcanza o seu punto máis ao sur. O monte Brocken está a 82° á dereita do Sol.]]
|}
O '''disco celeste de Nebra''' é, ata o presente, a representación máis antiga que se coñece da [[bóveda celeste]] e dos fenómenos astronómicos. Trátase dun achádegoachado arqueolóxico descuberto no ano [[1999]] no monte Mittelberg, preto de Nebra (estado de [[Saxonia-Anhalt]], [[Alemaña]]). É unha placa de [[bronce]], case redonda, que pesa preto de 2 kg e ten aproximadamente un diámetro de 32 cm. Pertence a unha cultura de hai 3.600 anos cuxos coñecementos en [[astronomía]] proviñan de [[Babilonia]], grazas ás relacións comerciais que mantivo esta civilización con [[Europa]]. Os expertos din que representa o [[firmamento]], con representacións de elementos abstractos.
 
==Historia do descubrimento==
No verán de 1999, Harry W. e Mario R. dedicábanse a buscar [[munición|municións]] e armas militares no bosque de Ziegelroda (a parte forestal do monte Mittelberg, de 252 metros de altura), coa axuda de detectores de metais. Foi así como bateron, sen sospeitar a súa importancia, cos restos dalgunha civilización prehistórica que máis tarde dataríanse en 1.600 anos a.C. Os achádegosachados foron os seguintes: un disco cravado verticalmente no chan, canda dúas espadas, dúas machetas, uns brazaletes e un escoplo; todo iso rodeado por grandes pedras que protexían o depósito. Tralo achádegoachado non deron importancia ningunha ao disco, mais o resto vendérono no mercado negro por 31.000 marcos (16.000 [[euro]]s do ano [[2000]]).
 
Houbo un comprador, que ofreceu aos museos de prehistoria de [[Berlín]] e [[Múnich]] os obxectos atopados. Foi entón cando o director do museo de Berlín, Wilfried Menghin recibiu unhas fotos nas que se vía o disco celeste bastante sucio e algunhas pezas máis. Por todo iso, o mercader anónimo pedía un millón de [[marco alemán|marcos alemáns]]. Menghin contestou que o propietario lexítimo do tesouro prehistórico era o patrimonio nacional e que, xa que logo, debían dirixirse ao ''Museo de Prehistoria de Múnich''. Logo desta conversa, o achado desapareceu por un tempo.
 
No ano [[2002]] outras persoas acoden a Menghin con propostas de venda, pero nesta ocasión o director do museo non quixo perder de novo a pista e acodiu ao Ministerio de Cultura de Saxonia-Anhalt, que á súa vez deu parte do suceso á policía. Trala investigación policial logrouse poñer a salvo o disco celeste e unha das espadas. Máis tarde atoparon todo o demais tras un rexistro en casas particulares de Alemaña. En setembro dese mesmo ano, os implicados foron detidos e condeados a unha multa ou arresto menor. Foi neste intre cando os descubridores do tesouro fixeron unha confesión en regra, revelando o lugar e as circunstancias do achádegoachado.
 
==Lugar do descubrimento==