Diferenzas entre revisións de «Nutrición autótrofa»

m
bot Engadido: id:Autotrof; cambios estética
m (bot Engadido: nn:Autotrofi)
m (bot Engadido: id:Autotrof; cambios estética)
A '''nutrición autótrofa''' (de ''autos'', "por si mesmo", e ''trofo'', "que se alimenta") é o tipo de [[nutrición]] característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizar substancias esenciais para o seu [[metabolismo]] partindo de substancias inorgánicas. Existen dous tipos de procesos autótrofos:
 
* A [[fotosíntese]] dos seres fotolitoautrótofos (característico de plantas e outros organismos).
* A [[quimiosíntese]] dos organismos quimiolitróficos realizada por bacterias mediante a [[oxidación]] de compostos inorgánicos (anhídrido sulforoso ou compostos ferrosos) para producir enerxía.
 
== Tipos de organismos autótrofos ==
=== Os fotosintéticos ===
A [[fotosíntese]] é un dos procesos metabólicos máis importantes desenvolvidos na [[natureza]], xa que a [[materia orgánica]] sintetízase durante este proceso. Realízase nos [[cloroplasto]]s das [[Célula vexetal|células vexetais]], onde se localizan os pigmentos fotosintéticos capaces de absorber e captar a enerxía luminosa procedente do [[sol]]. Estes pigmentos son a [[clorofila]] (verde), as [[xantófila]]s (amarelas) e os [[carotenoide]]s (alaranxados).
 
==== Fases da fotosíntese ====
{{Artigo principal|Fotosíntese}}
[[Ficheiro:Scheme Chloroplast-es.svg|right|250px|thumb|Diagrama dun cloroplasto onde se realiza a fotosíntese.]]
* '''Paso de membrana:''' proceso no que as moléculas inorgánicas sinxelas ([[auga]], [[sales minerais]] e [[dióxido de carbono]]) atravesan a [[Membrana plasmática|membrana celular]] da propia [[célula]] por absorción directa, sen gasto enerxético.
* '''[[Metabolismo]]:''' é o conxunto de reaccións químicas que acontecen no [[citoplasma]] celular, e que teñen por resultado a obtención de enerxía bioquímica utilizable pola célula e a fabricación da súa propia materia celular.
 
A súa vez este proceso presenta tres fases:
:*O [[anabolismo]] é a fase de construción na que se utiliza a enerxía da fotosíntese do catabolismo para a [[síntese de moléculas]] ricas en enerxía.
 
* '''Excreción:''' é a eliminación, a través da membrana celular, dos produtos de refugallo procedentes do [[metabolismo]]. O [[Osíxeno molecular|osíxeno]] libérase pois como produto residual e logo é utilizado pola meirande parte dos organismos para a súa [[respiración celular]].
 
=== Os quimiosintéticos ===
Son seres que non precisan da [[Luz solar|luz do sol]] para obter enerxía para a construción da súa propia materia orgánica. Estes seres conseguen a enerxía mediante a oxidación dalgunhas moléculas inorgánicas (basicamente algúns compostos de [[ferro]], [[nitróxeno]] e [[xofre]]). Todos os seres que realizan este tipo de procesos pertencen ao reino das [[monera]]s, onde se atopa o grupo das [[bacteria]]s.
 
== Seres autótrofos na cadea trófica ==
Como membros da [[cadea trófica]], os organismos produtores son unha parte esencial, xa que absorben a [[enerxía solar]] e aproveitan as fontes inorgánicas transfórmandoas en produtos orgánicos. Finalmente estas substancias serán empregadas nas funcións biolóxicas da propia célula e tamén por outros seres vivos (os [[heterótrofo]]s) que se alimenten delas. Para os heterótrofos, a obtención de enerxía débese á rotura dos enlaces das moléculas inxeridas e na posterior elaboración das propias substancias.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Alimentación]]
* [[Nutrición heterótrofa]]
* [[Trofismo]]
 
[[Categoría:Bioloxía]]
[[hu:Autotrófia]]
[[ia:Autotropho]]
[[id:Autotrof]]
[[is:Frumbjarga lífvera]]
[[it:Autotrofia]]
76.228

edicións