Diferenzas entre revisións de «Xenófanes de Cólofon»

m
bot Modificado: sv:Xenofanes; cambios estética
m (Bot: substituír 'nengún' por 'ningún')
m (bot Modificado: sv:Xenofanes; cambios estética)
As súas críticas á relixión non tiñan como obxectivo un ataque pleno á dita mais, "dar ao divino unha pura e elevada idea: o verdadeiro deus é único, con poder absoluto, clarividencia perfeita, xustiza infalible, maxestade inmóbel; que en pouco se asemella aos deuses homéricos sempre a deambular polo polo mundo baixo o imperio das paixóns", ou sexa: só existe un deus único, en nada semellante aos homes, que é eterno, non-xerado, inmóbel e puro.

== Dados biográficos ==
Filósofo, poeta, sabio e pensador relixioso. Fundador da escola de Elea. Adversario do antropomorfismo dos poetas, dedicouse a demostrar a unidade e a perfeición de Deus. A súa doutrina é un [[panteísmo]] idealista que vé unha unidade en toda a materia.

Xenófanes probabelmente exilouse da [[Grecia]] polos persas que conquistaron Colofón no 546 aC. Despois de vivir algún tempo na Sicilia e de levar unha vida errante a través do Mediterraneo, estableceuse en Elea, no sur da Italia.

De aceptar a veracidade dos seus versos, Xenófanes viviu noventa e dous anos, como el mesmo transcribe nese treito:

“Xa sesenta e sete anos pasaron

Facendo vagar o meu pensamento pola terra da Hélade;

Do meu nacemento ata entón vinte e cinco hai máis,

Se é que eu sei falar con verdade sobre iso.”

== Xenófanes e a mitoloxía grega ==
Expresandose case sempre a través de poemas, os cais recitaba ao longo das súas andanzas, Xenófanes mostraba seu desprezo polos deuses-antropomorfos que eran adorados en súa época e pola aceitación popular da [[mitoloxía grega|mitoloxía]] de [[Homero]] e de [[Hesíodo]].

“Todo aos deuses atribuíron Homero e Hesíodo,

Todo canto entre os homes merece repulsa e censura,

Roubo, adulterio e fraude mutua.”

Xenófanes atacaba a inmoralidade dos deuses e deusas da mitoloxía grega, ridiculizaba a crenza na transmigración da alma e condenaba a luxuria. Defendia a sabedoría e os praceres sociais sen exceso.

“É de louvarse o home que, bebendo, revela actos nobres

Como a memoria que ten e o desexo de virtude.

Sen nada falar de Titáns, nen de Xigantes,

Nen de Centauros, ficcións criadas polos antigos.

Ou de loitas civis violentas, nas cais nada hai de útil.

Ter sempre venerazón polos deuses, isto é bon.”

== A Teoloxía de Xenófanes ==
Xenófanes é considerado pola maioría como sendo máis un reformador relixioso do que un filosófo. Diferentemente de [[Anaximandro de Mileto|Anaximandro]], que criou o concepto do ''a-peiron'' (ilimitado, indefinido), mais buscaba na natureza intrínseca da materia a causa para todas as transformacións,
Xenófanes dicía que o ser absoluto, esencia de todas as cousas, era o '''Un'''. E de acordo con Teofrasto, unha das fórmulas contidas nos ensinamentos de Xenófanes era: “Todo é o '''Un''' e o '''Un''' é Deus”.

[[Aristóteles]] en seu libro '''Metafísica''', nos relata: "Pois [[Parménides]] parece referirse ao '''Un''' segundo o concepto, e [[Meliso]] ao '''Un''' segundo a materia. Por iso aquel di que o Un é limitado, e este, que é ilimitado. Xenófanes, o primeiro a postular a unidade, nada esclareceu, nen parece que vislumbrou ningunha desas dúas naturezas, mais, dirixindo o ollar a todo o ceo, di que o Un é o Deus."

Consecuentemente, o concepto Deus é entón criado por Xenófanes como sendo un ser máis alto, cunha identidade abstracta, e non posúe ningún atributo coñecido polos homes, e tampouco é semellante a estes - nen canto á figura, nen canto ao espírito.

A respeito diso, [[Clemente de Alexandría]] na súa obra '''Tapezarias''' cóntanos:

"Mais se mans tivesen os bois, os cabalos e os leóns

E poidesen coas mans deseñar e crear obras como os homes,

Os cabalos semellantes aos cabalos, os bois semellantes aos bois,

Deseñarían as formas dos deuses e os corpos farían

Tais cais eles propios teñen."

{{Presocráticos}}

[[Categoría:Presocráticos]]

{{Link FA|es}}

[[ar:كزينوفانيس]]
[[el:Ξενοφάνης]]
[[en:Xenophanes]]
[[es:Jenófanes]] {{Link FA|es}}
[[et:Xenophanes]]
[[eu:Xenofanes]]
[[sl:Ksenofan]]
[[sr:Ксенофан]]
[[sv:XenophanesXenofanes]]
[[tr:Ksenofanes]]
[[uk:Ксенофан]]
76.555

edicións