Afonso III de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ru:Альфонсо III (король Арагона); cambios estética
Liña 4:
'''Afonso''' III de [[Coroa de Aragón|Aragón]], I de [[Reino de Valencia|Valencia]] e II de Barcelona, chamado O Franco (Alfons el Franc) ou o Liberal ([[Valecia - València|Valencia]] 1265 - [[Barcelona]] 1291). Foi o primeiro fillo de [[Pedro III de Aragón|Pere el Gran]] e a súa muller Constança de Sicilia. Á morte do seu pai, en novembro de [[1285]], el sucedeu o trono da [[Coroa de Aragón]] así como do [[Reino de Valencia]] e dos condados catalás. O seu irmán, [[Xaime II de Aragón|Jaume el Just]] herdou o reino de Sicilia.
 
== Conquista das Illas Baleares ==
Por encargo do seu pai confiscou o reino de Mallorca a [[Xaime II de Mallorca]], o seu tío, porque colaborara na cruzada contra a Coroa de Aragón, a invasión [[Francia - France|francesa]] de xuño-outubro de [[1285]], atacando entre [[1285]] e [[1286]] as illas de [[Eivissa]] e de [[Mallorca]]
 
Entre [[1286]] e [[1287]] conquistou ademais a illa de [[Menorca]] ao ''ra'îs'' [[Abû'Umar]]. Os gobernantes (''reieciños'') de [[Menorca]] eran vasalos do casal [[Catalunya|catalá]] dende tempos de [[Xaime I de Aragón]] mais este foi acusado de aliarse con [[Tunisia]], e de retrucar cos [[Anjou|anxevinos]] e [[Francia - France|franceses]]. A illa de Menorca quedou despoboada, e segundo conta Ramon Muntaner na súa crónica, foi repoboada "de bona gent de catalans" (''de boa xente de cataláns'').
 
 
== Política castelá ==
Afonso o Franco fixo unha política anticastelá, derivada do progresivo achegamento de [[Sancho IV de Castela]] cara a posicións profrancesas na cuestión siciliana.
 
Así pois, Afonso negouse a ceder os infantes da casa de Cerda ao rei castelán, infantes que se refuxiaran na corte catalá. Participou en [[Jaca]] na proclamación de [[Afonso da Cerda]] como rei de Castela en setembro de [[1288]], feito que desencadeou unha guerra fronteiriza entre os dous reinos de abril-xullo de [[1289]], setembro de [[1290]] e febreiro de [[1291]].
 
== Política africana ==
Continuou a mesma política que o seu pai nas cuestións norte-africanas, estabelecendo puntos de ligazón entre o continente africano e a península. En [[1286]] someteu a vasalaxe ao [[sultán]] [[Tlemcen]] e tentou, o mesmo co de [[Tunisia]], do cal recibiu poucas concesións. Para acabar de someter estes sultáns do [[Maghreb]] central ameazounos cunha alianza co sultán de [[Marrocos]], que ambicionaba estas terras.
 
== Política externa ==
Levou a realizar as expedicións navais de [[Roger de Llúria]], [[Bernat de Sarrià]] e [[Berenguer de Vilaregut]].
 
Liña 25:
En febreiro de [[1291]] asina a [[paz]] con [[Francia]] e a [[Cidade do Vaticano - Civitas Vaticana|Santa Sé]], co tratado de Tarascó, entre Valois e Francia dun lado e Cataluña-Aragón da outra, pola cal a casa de Valois renunciaba aos reinos cataláns que lle cedera o Papa e o Rei Afonso recoñecíase feudatario do Papa e prometía ir á [[Cruzadas|Cruzada]]. Así mesmo Afonso tiña que retirar a axuda ao seu irmán [[Xaime II de Aragón|Xaime I de Sicilia]], chamado ''O Xusto'', coa condición testamentaria de que o reino de Sicilia tiña que pasar ao seu outro irmán [[Federico I de Sicilia|Frederico de Aragón]].
 
== Política interna ==
A súa ambición mediterránea supuxo un desánimo da aristocracia aragonesa, que se sentiu deixada de banda, e que chegou a cuestionar os seus privilexios diante dunha monarquía triunfante. Así houbo diversos conflitos entre o rei e os aristócratas en diferentes períodos.
 
As Cortes de [[1286]], en xuño en [[Zaragoza]] e outubro en [[Huesca]] acabaron en accións militares e represalias. Así nas Cortes de [[Monzón, España|Monzón]] de [[1289]] Afonso, coa axuda dos estamentos catalás e valencianos, acabou cun poder na [[Coroa de Aragón]] que permitía unha monarquía fortalecida, á vez que debilitaba os poderes nobiliarios.
 
== Nupcias ==
Casase o [[15 de agosto]] de [[1282]] en [[Barcelona]] con Eleonor de Inglaterra, filla do [[Monarquía británica|Rei de Inglaterra]] [[Eduardo I de Inglaterra|Eduardo I]] e Eleonor de Castela, ás pregarias da cal accedeu finalmente, ceibando a ''Carlos II de Anjou''.
 
Liña 55:
[[pl:Alfons III Liberalny]]
[[pt:Afonso III de Aragão]]
[[ru:АльфонсАльфонсо III (король Арагона)]]
[[sv:Alfons III av Aragonien]]