Variacións solares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Terra (planeta) -> Terra
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 3:
As variacións na [[luminosidade]] e as do [[campo magnético]] adoitan estar interrelacionadas e teñen efectos visibles como as [[manchas solares]]. Malia todo o valor medio da [[radiación solar]], 1366 W/m2, case non cambia (ver [[constante solar]]). De feito as oscilacións producidas polo ciclo das manchas solares non van máis aló de 1 W/m². A súa contribución no [[cambio climático]] actual e pasado é motivo de controversia.
 
== Variación a longo prazo ==
''Máis información en: [[Evolución estelar]]''
 
Liña 10:
Malia todo, o Sol si inflúe a moi longo prazo. Calculouse mediante modelos numéricos que un aumento dun 1% no seu [[brillo]] provocaría que a temperatura media atmosférica subise un ou dous graos, segundo o modelo. Sábese, ademais, que a [[luminosidade]] solar aumenta co tempo, un 10% cada 1.000 millóns de anos, debido a que a [[presión]] no interior do [[Sol]] tamén aumenta para compensar o paulatino esgotamento do [[hidróxeno]] ''(ver [[evolución estelar]])''. Estes incrementos de luminosidade aínda que son despreciables a curto e medio prazo si son salientables a longo prazo. Inexorablemente, o Sol irá brillando cada vez máis ata que, aproximadamente dentro de 1.000 millóns de anos, os [[océano]]s empecen a [[evaporación|evaporarse]]. De feito ese aumento de [[brillo]] persiste dende que se formou a [[estrela]], pero o noso [[planeta]] foi capaz de adaptarse a eses cambios, ata agora, xa que son o suficientemente lentos como para que non desequilibren o sistema. Como se dixo, a moi longo prazo chegará un momento en que o brillo solar romperá o noso ciclo atmosférico e desencadeará un [[efecto invernadoiro]] descontrolado que quizabes converta ao planeta nun novo [[Venus (planeta)|Venus]].
 
== Manchas solares e actividade solar ==
[[Ficheiro:Solar-cycle-data.png|thumb|300px|Variacións da luminosidade solar ao longo do ciclo das [[mancha solar|manchas solares]] ao longo dos últimos 20 anos.]]
''Máis información en: [[Mancha solar]]''
Liña 20:
Fixéronse varios estudos tendo en consideración o número de manchas solares (das cales se teñen rexistros de varios séculos) usando estes datos como patrón da irradiancia solar (da cal só se teñen datos precisos de fai unhas poucas décadas).
 
== Vento solar ==
''Máis información en: [[Vento solar]]''
 
== Véxase tamén ==
* [[Mínimo de Maunder]]
* [[Mínimo de Spörer]]
Liña 44:
[[ja:太陽変動]]
[[pl:Aktywność słoneczna]]
[[pt:Variação solar]]
[[ru:Солнечная активность]]
[[sk:Slnečná aktivita]]
[[sv:Variationer av solaktiviteten]]