Tobi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m {{Animanga cabeceira}}
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: it:Madara Uchiha; cambios estética
Liña 23:
 
{{Spoiler}}
== Descrición ==
Tobi ten o pelo negro e unha máscara laranxa cun deseño en espiral que lle cobre a face por completo. O centro da espiral sitúase sobre o lugar do ollo dereito, no cal vese que posue o [[Sharingan]]. Non leva ningún protector visible, así que non se pode identificar a Aldea Oculta da que provén, inda que ao pusuir o Dōjutsu do clan Uchiha parece que é da vila de Konoha.
 
Liña 32:
Sen embargo esta só é unha parte da personalidad de Tobi, máis tarde descobrese probabelmente coma o Lider de Akatsuki, tendo unha personalidade seria, cunha grande capacidade de oratoria e cunha grande intelixencia.
 
== Historia ==
=== Segunda Parte ===
==== O secuestro de Gaara ====
Realiza a súa primeira aparición no capítulo 280 do [[manga]] trala batalla de Konoha contra Akatsuki na Aldea da Area. Cando [[Zetsu]] e el, en calidade de subordinado, van buscar o corpo de Sasori, para recuperar o seu anel. El é quen atopa a xoia e aprópialla, dicindo que agora que quedou un oco pode entrar en Akatsuki. Unha das metades de Zetsu oponse, pero a outra, a branca, apóialle nisto. Finalmente substitúe a Sasori. Atopou tamén o brazo dereito de Deidara, pero o Akatsuki apareceu para recollelo antes de que Tobi puidese facer nada.
 
==== A nova parella Akatsuki: Tobi e Deidara ====
Logo disto, pasou a ser o compañeiro de [[Deidara]], con quen tivo que capturar a ''Sanbi'', o Bijū de tres colas. Do combate só se ve como o monstro persegue a Tobi, e como Deidara fai explotar un dos seus animais de arxila xunto a el para debilitalo. Trala vitoria do equipo, Tobi afirma que o conseguiron grazas ao seu "poderoso jutsu" non mostrado, índa que o seu compañeiro discrepa disto xa que Sanbi non posuía a ningún jinchūriki que o fixese realmente perigoso para eles.
 
==== Sasuke contra Deidara ====
Trala derrota de [[Orochimaru]] a mans de [[Sasuke Uchiha]], o seu irmán maior [[Itachi Uchiha]] perfílase como o seguinte obxectivo do Uchiha e o seu equipo Hebi, así pois Akatsuki ponse en estado de alerta, Deidara e Tobi logran atopar a Sasuke antes que ninguén e establecen batalla con el. Nun primeiro momento agóchase del polo medo que lle provocou a mirada de Sasuke ao comparar o seu parecido co de Itachi e ao comezar un combate recibe unha estocada do Chokuto de Sasuke grazas ao seu Sunshin Jutsu, pero o estraño Akatsuki levántase indemne. Deidara toma a iniciativa do combate co seu C1 pero Sasuke logra volver a súa estratexia contra el e facelo retroceder.
 
Cando Deidara vese forzado a usar o seu C2, Tobi encárgase de colocar minas baixo o chan con (o que parece) un jutsu do tipo Doton (como o que usa [[Kakashi]] para esconderse baixo a terra). Logo diso mantense á marxe da pelexa mentres Deidara e Sasuke combaten. Cando o seu compañeiro resulta derrotado polo Uchiha a pesar de usar o seu C4 e suicidarse, Tobi atópase no radio da explosión (2 quilómetros) e o propio [[Pain]] dáo por morto cando informa ao resto da organización da derrota de Deidara, Kisame conta del que tiña a habilidade de alegrar unha organización tan escura como é Akatsuki.
 
==== Jiraiya contra Pein ====
Con todo, o propio Tobi preséntase máis tarde mostrando ante Konan e o lider de Akatsuki, e coma se fose o lider da Organización, e cun caracter moi distinto ao que nos tiña acostumado. Así pois ordea a Pain e á súa compañeira a caza do Kyūbi. E o propio Tobi sorprendentemente autodefínese coma [[Madara Uchiha]]. Máis tarde véselle sentado no Val do Fin cando Jiraiya fala sobre o fundador do clan Uchiha e como sospeita da súa responsabilidade no ataque de Kyūbi a Konoha xusto antes de iniciar o seu combate.
 
==== Itachi contra Sasuke ====
O equipo de Konoha atópase con Tobi cando tratan de seguir a Sasuke (que partiu ao seu enfrontamento co seu irmán Itachi). Naruto intenta derrotalo rapidamente co seu Rasengan, pero os seus jutsus e ataques non fan efecto en Tobi, que toma a dianteira do breve combate e búrlase del.
 
As formacións de ataque de Konoha non serven contra Tobi, que parece poder facer desaparecer o seu corpo a vontade, [[Shino Aburame]] logra situalo e alcanzalo co seu Hijutsu Mushidama e drenarlle o seu chakra, cando parece atrapado desaparece (segundo Kakashi usando un jutsu espazo-temporal, coma o de [[Minato Namikaze]]). [[Zetsu]] chega para informar da morte de Itachi e a vitoria de Sasuke, Tobi derrepente cambia do seu caracter burlón de sempre a serio e admite ter prevido iso, e disponse a marcharse, nese momento o seu sharingan crúzase co de Kakashi...
 
==== A revelación de Madara: a verdade sobre os Uchiha ====
Tobi abandona o lugar xunto a Zetsu, mentres Kakashi e os demais atopan o lugar do combate entre Itachi e Sasuke. Tobi, e pouco despois Zetsu, chegan ao lugar. O lider da organización sostén que logo se relaxará co recordado por Zetsu sobre o combate e ordénalle ao estraño membro de [[Akatsuki]] levar o cadáver de Itachi mentres el vaise co malferido Sasuke. Nunha gorida cavernosa, Tobi aplícalle primeiros auxilios ao mozo Uchiha, cando este se esperta recórdalle a súa pelexa con Deidara aínda que rexeita ser o seu inimigo. Tras isto disponse a revelarlle a verdade sobre o seu irmán Itachi, ante a desconfianza de Sasuke, Tobi descobre o seu sharingan, e un estupefacto Sasuke activa o seu no ollo esquerdo.
 
Liña 66:
Logo vese a Tobi falando con Kisame Hoshikage, dille que lamenta habelo enganado e quítase a máscara ensinando o seu verdadeiro rostro, Kisame recoñéceo como o Mizukage e dille que se será máis fácil para el facer o seu traballo, sabendo que el está ao mando e chámao Madara, revelando que este tamén é o Mizukage. Tras isto, procede a declarar oficial a unión entre "Taka" e Akatsuki, na cal explica que son os bijuus, declarando que Shodaime poseía varios deles, os cales repartiu logo de que comezasen os tratados de paz e agora Akatsuki posúe sete, os cales pon a dispocición de Sasuke e o seu grupo, con tal de que cazen ao bijū restante (sen contar ao Kyūbi, do cal ocupásense eles). Pouco despois de dar por terminada a reunión véselle falando con Zetsu, dicindo que xa ten o camiño libre para atacar a Konoha e (sobre todo) o poder sobre Sasuke.
 
== Identidade real ==
No capítulo 364 do manga, Tobi é revelado como a persoa que manexa [[Organización Akatsuki|Akatsuki]], dándolle ordenes a [[Pain]] (quen ata o momento mostrouse como líder), e noméase a si mesmo como Madara Uchiha á vez que mostra o sharingan no seu ollo dereito. Aparece noutro capítulo encima da estatua de Madara Uchiha no Val do Fin, lugar onde levou a cabo a pelexa entre [[Naruto Uzumaki|Naruto]] e [[Sasuke Uchiha]] ao final da primeira parte da serie. Pain dille a Zetsu ao final da súa pelexa con Jiraiya que Madara ordenoulle capturar ao Kyubi, referíndose a Tobi.
 
Liña 78:
[[es:Tobi]]
[[fr:Tobi (Naruto)]]
[[it:TobiMadara Uchiha]]
[[pt:Tobi]]