Stéphane Mallarmé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sl:Stéphane Mallarmé; cambios estética
Liña 2:
'''Stéphane Mallarmé''' (nado o [[18 de marzo]] de [[1842]] en [[París]] como Étienne Mallarmé; morto o [[9 de setembro]] de [[1898]] en Valvin, Vulaines-sur-Seine, preto de [[Fontainebleau]]), foi un [[escritor]] francés. Os seus poemas considéranse as obras mestras do simbolismo. É considerado, xunto con Rimbaud e Baudelaire coma un dos máis importantes precursores da lírica moderna.
 
== Vida ==
 
Mallarmé foi o primeiro fillo dunha familia de funcionarios de Sens. Despois da morte de sua nai en [[1847]] foi criado polos avós. Dende [[1850]] viviu nun internado, de onde foi expulsado por mal comportamento. No ano [[1856]] entrou nunha escola internado en Sens. En [[1857]] morreu a súa irmá máis nova. Entre 1858-1860 escribe as súas primeiras obras (64 poemas co título ''Entre quatre murs'', (''Entre catro paredes''). Pouco despois de pasar as exames de [[Bacharelato]] coñeceu ós poetas [[Emmanuel des Essarts]], [[Jean Lahor]] e [[Eugène Lefébure]]. Nese anos entra en contacto por primeira vez co libro de [[Charles Baudelaire]] ''Fleurs du mal''(''Flores do mal'') e publica os seus primeiros artigos de crítica literaria en diversas revistas, e, máis tarde, empeza a publicar os seus propios poemas. Coñece á institutriz alemá Marie Gebhard Kennen, coa que casou en [[1863]] en [[Inglaterra]], antes de comenzar o seu traballo como profesor de inglés en Tournon-sur-Rhône antrat (de feito o seu traballo ata 1893, ano no que se xubilou). En 1863 naceu a súa filla Geneviève. Entre os amigos e coñecidos da época figuran os escritores [[félibres]] Théodore Aubanel, Joseph Roumanille e [[Frédéric Mistral]], que escriben en provenzal así como [[Catulle Mendès]] e [[Mathias Villiers de l'Isle-Adam]].
Liña 14:
No ano [[1879]] morre, aínda neno, o seu fillo Anatole. En [[1883]], grazas á edición por Verlaine de "Poetes maudits" (''Poetas malditos'') o traballo de Mallarme alcanza unha meirande difusión. Entre [[1884]] e [[1889]] o poeta mantén unha relación amorosa con Méry Laurent. En [[1886]] dá a coñecer o seu primeiro poema sen signos de puntuación, ''M'introduire dans ton histoire'', e é escollido, despois da morte de [[Verlaine]], Príncipe dos Poetas. Xa xubilado múdase en [[1894]] a [[Valvin]], onde traballou en diversos proxectos literarios e teóricos ata a súa morte en 1898. Foi enterrado no cemiterio de Samoreau (Hauts-de-Seine).
 
== Características e importancia ==
[[Ficheiro:Portrait of Stéphane Mallarmé (Manet).jpg|thumb|right|200px|Retrato de Stéphane Mallarmé pintado por [[Édouard Manet]]]]
Da lectura de [[Hegel]] extraeu Mallarmé a idea de que, "morto o Ceo" a nada debe ser o punto de partida da Beleza e do Ideal. Partindo da idea da "Arte pola arte" do grupo ó redor de Gautier, viu na lingua poética da [[poesía pura]] a única posibilidade de chegar ás Ideas puras. Rexeitou a representación da lírica realista, considerando a suxestión como base da nova poesía.
Liña 24:
A calidade sonora e musical da linguaxe de Mallarmé, incitou a diversos compositores a poñer música ós seus versos. Unha das obras mestras do impresionismo musical é ''Prélude à l’après-midi d’un faune para orquestra'' ([[1894]]) de [[Claude Debussy]], baseada no poema do mesmo título de Mallarmé, composición que entusiasmou ó propio poeta e que foi tomada como base para o ballet ''L’Après-midi d’un faune'' coregrafiada en [[1912]] por [[Wazlaw Fomitsch Nischinski]] para o Ballet Ruso. [[Claude Debussy]], [[Maurice Ravel]], [[Darius Milhaud]], [[Pierre Boulez]] e outros compositores musicaron poemas de Mallarmé para ser interpretados como [[Lieder]]. Hai tamén unha aproximación musical de [[Michael Denhoff]] ó poema ''Un coup de dés jamais n'aboulira l'hasard'' e ó fragmento ''Igitur''.
 
== Obras ==
* ''Préface au Vathek de [[William Beckford]]'' ([[1876]])
* ''Petite philologie, les mots anglais'' ([[1878]])
* ''Hérodiade'' (''Scène de Hérodiade'' publicada en [[1896]])
* ''L'après-midi d'un faune'' ("A siesta dun fauno") ([[1865]], versión definitiva [[1887]])
* ''Les mots anglais'' ([[1878]])
* ''Les dieux antiques'' ("Os deuses antigos") ([[1879]])
* Prosa ([[1880]])
* ''Album de vers et de prose'' ([[1887]])
* Traducións de poemas de Edgar Allan Poe ([[1888]])
* ''Pages'' ("Páxinas") ([[1891]])
* ''La musique et les lettres'' ("A música e as letras") ([[1891]])
* ''Oxford, Cambridge, la musique et les lettres'' ([[1895]])
* ''Le Tombeau de Charles Baudelaire'' ([[1895]])
* ''Divagations'' ("Divagacións") ([[1897]])
* ''Tombeau'' (de Verlaine) ([[1897]])
* ''Un coup de dés jamais n'abolira le hasard'' ("Unha tirada de dados nunca abolirá o azar") ([[1897]])
 
Escribiu abundantes artigos de teoría literaria. Postumamente publicaronse, entre outros, ''Poésies'' ([[1899]]), ''Pour un tombeau d'Anatole'' ([[1962]]) e ''Cartas'' ([[1959]]-[[1971]]).
Liña 76:
[[ru:Малларме, Стефан]]
[[sk:Stéphane Mallarmé]]
[[sl:Stéphane Mallarmé]]
[[sr:Стефан Маларме]]
[[sv:Stéphane Mallarmé]]