Pāṇini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Pāṇini
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Pāṇini''' (en [[devanāgarī]] पाणिनि), probablemente do século V a.C., é un gramático da [[India]] antiga (probablemente do século V a.C., célebre por ter formulado os 3 959 [[sūtra]]s ou regras da [[morfoloxía]] do [[sánscrito]] coñecidas polo nome de ''[[Aṣṭādhyāyī]]'', tamén chamadas ''Pāṇinīya'', e que fican aínda hoxe como a obra máis coñecida sobre a gramática desta lingua. É considerado como o fundador da literatura e da lingua sánscrita.
 
==Gramática de Pāṇini==
A [[gramática]] de Pāṇini é fortemente sistemática e técnica. Os conceptos de [[fonema]], de [[morfema]] e de raíz, inherentes á súa concepción analítica non serán tidos en consideración polos [[lingüista]]s occidentais ata dous milenios despois. As regras definidas por Pāṇini teñen a reputación de seren perfectas, é dicir que describen perfectamente a morfoloxía do sánscrito, e son consideradas tan claras que os informáticos as utilizaron para aprenderlles aos ordenadores a comprensión do sánscrito. Pāṇini emprega metaregras, transformacións e a [[recursividade]], así como un sistema elaborado de abreviaturas. A [[forma de Backus-Naur]], ou gramática BNF, utilizada para describir as linguaxes de programación modernas ten similitudes importantes coas regras da gramática de Pāṇini que pode ser tamén considerado como un dos pais da [[informática]].