Diferenzas entre revisións de «Aguia perdiceira»

m
bot Modificado: es:Aquila fasciata; cambios estética
m (bot Engadido: fi:Vuorikotka)
m (bot Modificado: es:Aquila fasciata; cambios estética)
A '''Aguia perdiceira''' (''Aquila fasciatus'', antes coñecida como ''Hieraaetus fasciatus'') é unha ave de rapina da familia Accipitridae. É parente moi proxima da especie africana ''A. spilogaster''), que se considera en ocasións mesmo unha subespecie. Malia ter unha ampla distribución, recoñécense só dúas subespecies de aguia perdiceira: a nominativa ''A. f. fasciatus'', e ''A. f. renschi'', das illas mpequenas do [[arquipélago de Sonda]] ([[Indonesia]]), de individuos máis pequenos e con manchas escuras na parte inferior do corpo.
 
== Descrición ==
Son aguias de entre 66 e 74 cm. de lonxitude. A envergadura das alas dos machos vai dos 150 ó 160 cm.; a das femias dos 165 ós 180. A plumaxe da parte superior do corpo é castaña escura, a dfa inferior. abrancazada con manchas escuras. teñen as añas relativamente curtas e arredondadas, a cola, gris na parte superior, branca por embaixo e cunha banda terminal negra, longa e a cabeza grande. Os pés e os ollos son amrelos.The feet and eyes are yellow.
Os exemplares inmaturos teñen a parte inferior do corpo e a das alas da cor do ante, é battas finas na cola.
 
== Distribución xeográfica e hábitat ==
A especie esta espallada polo sur de [[Europa]], o norte de [[África]] e o sur e sueste de [[Asia]]. As poboacións europeas, que están en forte retroceso por causa da perda de hábitats axeitados, o uso de pesticidas e a caza, concéntranse en [[España]], onde se considera unha especie en perigo de extinción, [[Portugal]], o sur de [[Francia]], [[Sardeña]] e [[Creta]]. O número total de parellas reprodutoras europeas cálculse enunhas 500.
[[Ficheiro:Bonelli's Eagle I- Himachal- IMG 3231.jpg‎ |left|thumb| Exemplar de aguia perdiceira voando en Himachal Pradesh, [[India]].]]
O seu hábitat preferido son zonas secas e montañosas con puca presenza de árbores, pero, fora da época de cría poden atoparse tamén en zonas humidas, á procura de aves acuáticas para cazar.
 
== Alimentación e reprodución ==
As súas presas habituais son mamíferos (a miúdo coellos e lebres peqenos), aves de tamaño mediano e réptiles. As parellas reprodutoras cazan frecuentemente xuntas. A técinica de caza máis corrente consiste en describir círculos a gran altura e deixarse caer sobre a presa coas alas recollidas. Cazan tamén a espreita pousadas nun punto fixo e poden verse tamen facendo voos de recoñecemento a pouca altura entre os acantilados. As prersas son golpeadas o mesmo en terra que no aire.
 
Fan a posta entre febreiro e marzo, en xeral dous ovos, que chocan entre 37 e 40 días. Os polos deixan o niño cando teñen entre 60 e 65 días de idade, aínda que son alimentados polos pais aínda algunhas semanas.
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.ub.edu/aligaperdiguera Páxina web do Equipo de Biologia da Conservación -Àliga perdiguera], da [[Universitat de Barcelona]] (Catalán)
* [http://www.iberianature.com/material/bonelli.htm A aguia perdiceira en España]
* [http://www.diba.cat/parcsn/parcs/plana.asp?parc=10&m=192 Cámaras web no Parque do Garraf [[Cataluña]]]
* [http://www.iucnredlist.org/search/details.php/49456/all A aguia perdiceira na "Lista vermella de especies ameazadas" da [[IUCN]]]
{{Link FA|de}}
 
[[Categoría:Accipitridae]]
 
{{Link FA|de}}
 
[[bg:Ястребов орел]]
[[en:Bonelli's Eagle]]
[[eo:Nizaglo]]
[[es:HieraaetusAquila fasciatusfasciata]]
[[fi:Vuorikotka]]
[[fr:Aigle de Bonelli]]
76.228

edicións