Emilio Alarcos Llorach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Emilio Alarcos Llorach''', nado en ([[Salamanca]], en [[1922]]- e finado en [[Oviedo]], en [[1998]]), foi un lingüista [[España|español]], catedrático emérito da [[Universidade de Oviedo]], membro da [[Real Academia Española]] e da [[Academia de la Llingua Asturiana]].
 
==Biografía==
 
==Traxectoria==
Iniciou os seus estudos universitarios en [[Valladolid]], onde o seu pai era catedrático; continuounos en [[Madrid]], onde tivo como mestre a [[Dámaso Alonso]] e por cuxa universidade se doutorou en [[Filoloxía Románica]] en [[1947]]. Catedrático de instituto en [[Avilés]] dende [[1944]], a súa estancia como lector de [[lingua castelá|español]] en [[Berna]] e [[Basilea]] (1946-1947) foi decisiva para a súa formación como [[lingüista]], pois lle permitiu entrar en contacto directo con correntes científicas que apenas tiveran eco en [[España]], e que o contribuiría de xeito decisivo a difundir na súa patria. Tras outro breve período como catedrático de instituto en [[Cabra]] ([[Provincia de Córdoba (España)|Córdoba]]) e [[Logroño]], obtén en [[1950]] a cátedra de [[Gramática Histórica]] da Lingua Española na Universidade de [[Oviedo]]. Do seu fecundo labor nesa universidade dan testemuño os seus numerosos discípulos, así como unha revista, ''Archivum'', imprescindible nos [[estudos hispánicos]]. Electo para a cadeira B da Real Academia Española en [[1972]], o seu ingreso efectivo na corporación produciuse un ano máis tarde. Era, no momento do seu falecemento, Presidente da Asociación de Historia da Lingua Española.
 
==Contribucións á lingüística==
 
Emilio Alarcos contribuíu decisivamente á introdución e difusión en España das teorías [[lingüística]]s de diversas escolas do [[estruturalismo]] europeo: primeiro foi o [[Círculo Lingüístico de Praga]] coa ''[[Fonoloxía]] española'' ([[1950]]); despois, a [[Glosemática]] de [[Copenhague]] cunha ''Gramática estrutural'' ([[1951]]); e finalmente o [[funcionalismo]] [[André Martinet|martinetiano]] cos seus imprescindibles ''Estudos de gramática funcional do español'' ([[1970]]). A culminación dos seus estudos gramaticais chegou coa publicación da súa ''Gramática da lingua española'' ([[1994]]), obra que logrou unha extraordinaria acollida entre o público en xeral e que permitiu aos especialistas coñecer a visión que o mestre tiña de certas parcelas da [[gramática]] que non foran abordadas previamente por el en estudos monográficos.
 
Emilio Alarcos tamén levou a cabo algúns estudos de [[crítica literaria]], ocupándose, entre outros, da análise da [[poesía]] de [[Blas de Otero]] ou de [[Ángel González]].
 
{{DEFAULTSORT:Alarcos Llorah}}
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]