Diferenzas entre revisións de «Hugh Despenser o Novo»

m
sen resumo de edición
m
Hugh converteuse en chamberlain real en [[1318]]. Como cortesán real, Hugh obtivo o afecto do rei, desprazando ó favorito anterior, [[Roger d'Amory]]. Por 1320 gobernaba libremente o reino como un tirano. Hugh tomou as terras galesas da herdanza da súa esposa, sen facer caso das demandas dos seus dous cuñados. Forzou a [[Alice de Lacy]], condesa de Lincoln, a darlle as súas terras, botou á súa cuñada Isabel de Clare de Gower e de Usk, e fixo romper os brazos e as pernas de Lady Baret. El tamén vingouse de [[Roger Mortimer]] porque o avó de Mortimer asasinara a avó de Hugh. Por 1321 gañara moitos inimigos en tódolos estratos da sociedade, desde a raíña Isobella ós baróns do pobo.
Finalmente os baróns conseguiron do rei que Hugh e seu pai marcharan ó exilio en 1321. O seu pai fuxiu a [[Bordeos]], e Hugh converteuse nun pirata na canle da mancha. A parella volveu o ano seguinte e o rei reinstaloou a Hugh como favorito real. O seu tempo no exilio non fixera nada para acougar a súa avaricia, o seu e a súa crueldade. Mentres que a raíña Isabella estaba en Francia a negociar entre o seu marido e o rei francés, ela formou unha alianza con Roger Mortimer e comezaron a facer plans para unha invasión. Hugh supostamente intentou sobornar a cortesáns franceses para asasinar a raíña Isabella. Cando Mortimer e a raíña invadiron Inglaterra en outubro de 1326, o rei Eduardo foi desposuído, executaron ao pai e capturaron a Hugh.
1.267

edicións