Siro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
→‎Obra: lig int
Lameiro (conversa | contribucións)
parece ser que o premio Ávaro Cunqueiro foi no 2003
Liña 1:
[[Ficheiro:Ramón Piñeiro Siro López.jpg|thumb|250px|Caricatura de Ramón Piñeiro (pastel sobre papel, 49x63 cm). Exposición "Ramón Piñeiro na lembranza", 2009.]]
'''Siro López Lorenzo''', máis coñecido como '''''Siro''''', simplemente <ref>Siro López, completo, é o nome dun fotógrafo galego [http://www.sirolopez.com/] co que non se debe confundir.</ref>, é un recoñecido humorista gráfico, [[caricatura|caricaturista]] e ensaísta nado en [[Ferrol]] o [[19 de xaneiro]] de [[1943]].
 
Liña 15:
Co tempo, publicou máis de 15 álbums, desde aqueles primeiros "Humor 71" (1971) ou "Probes homes" (1975) ata os últimos, como "Siro 30 anos despois" (2000) ou "Xente na brétema" (2003), á vez que presentou numerosas exposicións, monográficas ou non, dos seus traballos de caricaturas, retratos e o que deu en chamar "''figuracións''". Co gallo do [[Día das Letras Galegas]] 2009, outorgado a [[Ramón Piñeiro]], presentou a exposición ''Ramón Piñeiro na lembranza''<ref>http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/07/02/0003_7822623.htm Nova con motivo da presentación da exposición na Coruña.</ref>.
 
No eido da literatura, é autor de contos como ''Xurxo'' (finalista no Certame da Asociación Cultural ''O Facho'' en 1973) e ''Boliche'' (segundo premio no mesmo Certame en 1982). Tamén publicou unha obra teatral: ''Hai que confiar na esperanza'' (20042003), obra que obtivo o ''Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro'', pero onde máis se prodigou foi nos estudos ensaísticos, tanto en forma de libros de seu, como ''O caricaturista Xosé María Cao'' (1993), ''Castelao humorista'' (1996 [http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=16]) ou ''Celestino Fernández de la Vega'' (2001); como en forma de artigos en publicacións colectivas, como "Simplicissimus, Gulbransson e Castelao" (en ''Grial'' 63, 1979), que desenvolve a influencia do humorista alemán Gulbransson sobre Castelao; ou "Humor e límites de humor en Ramón Piñeiro" (en ''Homenaxe a Ramón Piñeiro'', Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2009), no que profunda sobre os desencontros entre Piñeiro e [[Xosé Manuel Beiras]]. Tamén publicou libros didácticos, como ''Como debuxar caricaturas'' (1991), ''Castelao e os nenos'' (1980) ou ''Sorrir en Frades'' (1994).
 
Xunto con [[Xaquín Marín]] impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea do que hoxe é o [[Museo do Humor]] de [[Fene]]. Neste mesmo sentido cómpre lembrar que foi o deseñador do proxecto da Praza do Humor, na [[A Coruña|Coruña]], en 1990.
Liña 22:
 
==Recoñecementos==
Recibiu, entre outros, os premios ''Merlín'' (por dúas ocasións: El Progreso, 1980, e Museo do Humor de Fene, 1996), a Vieira do Humor Gráfico (Enxebre Orde da Vieira, 1982), o Premio Fernández Latorre (La Voz de Galicia, 1986 [http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/premios/premiados/1986.htm Fundación Fernández Latorre]), Ferrolán do ano (1991), o Premio Xornalismo (Xunta de Galicia, 1991), a Medalla da Prata de Galicia (Xunta de Galicia, 1997) e o Premio Galicia Comunicación (2001), ademais do xa citado [[Premio Álvaro Cunqueiro]] de Teatro en 20042003.
 
A súa obra está exposta en diferentes centros como por exemplo no [[Museo Carlos Maside]] (Sada), no Museo do Humor (Fene), no Museo Municipal de Ferrol ou no propio [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades|Centro Ramón Piñeiro]]. Tamén forma parte das coleccións de Caixa Galicia, Caixanova, Universidade de Santiago de Compostela ou do Parlamento Galego.