Siro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
'''Siro López Lorenzo''', máis coñecido como '''''Siro''''' <ref>Siro López, completo, é o nome dun fotógrafo galego [http://www.sirolopez.com/] co que non se debe confundir.</ref> En Galicia, simplemente, é un recoñecido humorista gráfico e ensaísta nado en [[Ferrol]] o [[19 de xaneiro]] de [[1943]].
 
==Obra==
Profesionalmente, comezou como delineante na empresa metalúsxica [[Bazán]], e publicou os seus primeiros debuxos en [[1970]], na revista ''Chan'' (dirixida por [[Borobó|Raimundo García Domínguez ''Borobó'']]). Axiña se especializou na [[caricatura]] e o humor e colaborou asiduamente en diferentes xornais galegos, como ''[[Ferrol Diario]]'' (en 1971), ''[[El Ideal Gallego]]'' (1972), ''[[La Región]]'' (1973 <ref>Neste xornal ilustrou a serie "Con esta lupa", escrita por Carlos Casares, que foi o primeiro espazo na prensa galega sobre política internacional escrito en galego.</ref>), ''[[El Norte de Galicia]]'' (1980) e, nomeadamente, ''[[La Voz de Galicia]]'', xornal co que traballou desde [[1985]] ata [[2006]] como caricaturista político, fundamentalmente. Desde o 2000 coordinou o suplemento de humor de ''La Voz'' titulado ''Xatentendo.com''.
 
Entre 1997 e 1999 colaborou en ''[[Diario 16]]'' no espazo "Almas del nueve largo", con Xosé Luis Alvite.
Tamén apareceron debuxos seus en distintas revistas (''[[Grial]]'', ''[[Teima]]'', ''[[Vagalume (revista)|Vagalume]]'', ''[[Can sen Dono]]'', ''[[Encrucillada]]'' e outras) e ilustrando numerosos libros de diferentes autores ([[Neira Vilas]], [[Xosé Chao Rego|Chao Rego]], [[Manolo Rivas]], [[Xavier Alcalá]], [[Helena Villar]], etc.).
 
Tamén apareceron debuxos seus en distintas revistas (''[[Grial]]'', ''[[Teima]]'', ''[[Vagalume (revista)|Vagalume]]'', ''[[Can sen Dono]]'', ''[[Encrucillada]]'' e outras) e ilustrando numerosos libros de diferentes autores ([[Neira Vilas]], [[Xosé Chao Rego|Chao Rego]], [[Manolo Rivas]], [[Xavier Alcalá]], [[Xosé Luís Barreiro Rivas|Barreiro Rivas]], [[Helena Villar]], etc.).
 
É o autor das ilustracións dos sete volumes dedicados á antropoloxía dentro do ''Proxecto Galicia'', de Hércules Edicións [http://www.herculesediciones.es/gallego/series/home.htm] <ref>A serie sobre antropoloxía (tomos XXIII ó XIX) foi dirixida por [[Xosé Manuel González Reboredo]]. O Proxecto Galicia foi galardoado coa [[Medalla Castelao]] en 2007.</ref>, e os cinco volumes da serie ''Mitoloxía'' editada por Ediciones de la Torre.
 
Realizou as medallas das coleccións Letras Galegas [http://www.ferreiro-badia.com/index.php?option=com_content&view=article&id=129&Itemid=53&phpMyAdmin=0afa8d3d711016a994b17a836a15db74] e Xacobeo 99, en colaboración co escultor [[Manuel Ferreiro Badía]]. En 1997 deseñou o selo conmemorativo do Día das Letras Galegas dedicado a [[Ánxel Fole]] [http://www.correos.es/comun/filatelia/1997/0450_97-seleccionaSello.asp?IdSello=3051997].
 
Co tempo, publicou máis de 15 álbums, desde aqueles primeiros "Humor 71" (1971) ou "Probes homes" (1975) ata os últimos, como "Siro 30 anos despois" (2000) ou "Xente na brétema" (2003), á vez que presentou numerosas exposicións, monográficas ou non, dos seus traballos de caricaturas, retratos e o que deu en chamar "''figuracións''". Co gallo do [[Día das Letras Galegas]] 2009, outorgado a [[Ramón Piñeiro]], presentou a exposición ''Ramón Piñeiro na lembranza''<ref>http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/07/02/0003_7822623.htm Nova con motivo da presentación da exposición na Coruña.</ref>.
 
Tamén colaborou desde o principio na radio e na televisión como guionista, realizador ou locutor. Na [[COPE]] de Ferrol foi guionista e director do programa "O espello", entre 1970 e 1985; en [[Radio Voz]] realizou "Corre Carmela, que chove", ata 1999; na [[Televisión de Galicia]] colaborou en programas como ''Mosteiros ou lendas'', "Riscos" (con 50 entrevistas a artistas plásticos galegos) e, en 1990, ''¿Imos aló?'', o primeiro curso de galego neste medio <ref>Xa nos seus primeiros anos, en 1972, ilustrara o primeiro curso de iniciación ó galego, publicado en ''El Ideal Gallego'' baixo o título "''O Tío de Xurxo''".<ref>.
 
No eido da literatura, é autor de contos como ''Xurxo'' (finalista no Certame da Asociación Cultural ''O Facho'' en 1973) e ''Boliche'' (segundo premio no mesmo Certame en 1982). Tamén publicou unha obra teatral: ''Hai que confiar na esperanza'' (2004), obra que obtivo o ''Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro'', pero onde máis se prodigou foi nos estudos ensaísticos, tanto en forma de libros de seu, como ''O caricaturista Xosé María Cao'' (1993), ''Castelao humorista'' (1996 [http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=16]) ou ''Celestino Fernández de la Vega'' (2001); como en forma de artigos en publicacións colectivas, como "Simplicissimus, Gulbransson e Castelao" (en ''Grial'' 63, 1979), que desenvolve a influencia do humorista alemán Gulbransson sobre Castelao; ou "Humor e límites de humor en Ramón Piñeiro" (en ''Homenaxe a Ramón Piñeiro'', Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2009), no que profunda sobre os desencontros entre Piñeiro e [[Xosé Manuel Beiras]]. Tamén publicou libros didácticos, como ''Como debuxar caricaturas'' (1991), ''Castelao e os nenos'' (1980) ou ''Sorrir en Frades'' (1994).
 
Xunto con [[Xaquín Marín]] impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea do que hoxe é o [[Museo do Humor]] de [[Fene]]. Neste mesmo sentido cómpre lembrar que foi o deseñador do proxecto da Praza do Humor, na [[A Coruña|Coruña]], en 1990.
 
Tamén colaborou desde o principio na radio e na televisión como guionista, realizador ou locutor. Na [[COPE]] de Ferrol foi guionista e director do programa "O espello", entre 1970 e 1985; en [[Radio Voz]] realizou "Corre Carmela, que chove", ataentre 1993 e 1999 <ref>Por este programa recibiu en 1994 o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia.</ref>; na [[Televisión de Galicia]] colaborou en programas como ''Mosteiros ou lendas'', "Riscos" (con 50 entrevistas a artistas plásticos galegos) e, en 1990, ''¿Imos aló?'', o primeiro curso de galego neste medio <ref>Xa nos seus primeiros anos, en 1972, ilustrara o primeiro curso de iniciación ó galego, publicado en ''El Ideal Gallego'' baixo o título "''O Tío de Xurxo''".<ref>.
 
==Recoñecementos==
Recibiu, entre outros, os premios ''Merlín'' (por dúas ocasións: El Progreso, 1980, e Museo do Humor de Fene, 1996), a Vieira do Humor Gráfico (Enxebre Orde da Vieira, 1982), o Premio Fernández Latorre (La Voz de Galicia, 1986 [http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/premios/premiados/1986.htm Fundación Fernández Latorre]), Ferrolán do ano (1991), o Premio Xornalismo (Xunta de Galicia, 1991), a Medalla da Prata de Galicia (Xunta de Galicia, 1997) e o Premio Galicia Comunicación (2001), ademais do xa citado Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro en 2004.