Remesar, Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
homónimos
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''San Xoán de Remesar''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Bóveda]].
 
==Demografía==
Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 5453 habitantes (3133 mulleres e 2320 homes), distribuídos nas entidades de [[Augalevada, Remesar, Bóveda|Augalevada]], [[A Fontaíña, Remesar, Bóveda|A Fontaíña]], [[Ourille, Remesar, Bóveda|Ourille]], [[Penacova, Remesar, Bóveda|Penacova]], [[A Portaxe, Remesar, Bóveda|A Portaxe]] e [[Remesar, Remesar, Bóveda|Remesar]], o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 69 habitantes.
 
 
{{Lp Remesar}}
 
==Historia==
A primeira referencia a Remesar, aparece nun documento da [[Catedral de Lugo]], do ano 891, no que se cita como lugar do Val de Lemos. Posteriormente, Juan de Padromao abade de [[Castro de Rei]], fai carta de foro, no 1502, sobre varias casas e herdanzas desta parroquia.
 
==Patrimonio artístico==
A '''igrexa parroquial''' data do s. XVII. Trátase dun edificio con dúas naves, de planta rectangular e muros de mampostería de pizarra enlucidos, con cuberta de madeira e pizarra a dúas augas.
 
Na [[A Portaxe, Remesar, Bóveda|Portaxe]] sitúase a '''Capela da Virxe das Dores''', do s.XVIII aínda que moi reformada. Na mesma aldea consérvanse tamén restos do '''Muíño do Fidalgo'''.
 
Destaca en [[Penacova, Remesar, Bóveda|Penacova]], a '''Ferrería''' do mesmo nome, da que temos unha primeira referencia no ano 1780. Presenta un bo estado de conservación, conservando a fragua, o mazo, os foles, a maquinaria hidráulica en xeral en funcionamento grazas a súa restauración. No mesmo lugar atopamos o '''Muíño de Penacova''', tamén ben conservado.
 
 
{{Lp Remesar}}
{{Bóveda}}