Diferenzas entre revisións de «Captain America»

m
sen resumo de edición
m
m
En galego ''Capitán América''. Personaxe de [[cómic]] creado en setembro de [[1940]] por [[Joe Simon]], [[Jack Kirby]] e [[Martin Goodman]] para a revista [[Timely]]. Sendo os tres xudeus, pensaron na creación dun superheroe que combatese a [[Adolf Hitler]] no bando dos aliados (os [[EUA]] aínda non entraran na contenda).
 
{{Caixasuperheroes|
imaxe=
|poderes=Non ten poderes especiais alén da superforza, superaxilidade e superintelixencia que lle dera o [[soro]] do supersoldado americano (fórmula perdida). Válese dun escudo indestrutible como arma.
|}}
 
== Primeira época ==
No nº1 de ''Captain America Comics'', aparecían tamén o seu compañeiro '''Bucky''' e o malvado '''Cranio Vermello'''. Ese primeiro número saíu á venda o [[20 de decembro]] de [[1940]]. A boa acollida do público fixo que Kirby e Simon contrataran outro guionista: [[Stan Lee|Stanley Martin Lieber]], quen co tempo sería o inspirador e verdadeira álma máter do [[Universo Marvel]]. O derradeiro número desta saga apareceu en [[1950]] (era o número 75).
4.682

edicións