Fuxan os Ventos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m moveu "Fuxan os ventos" a "Fuxan os Ventos": Nome propio
Lmbuga (conversa | contribucións)
+foto
Liña 10:
En [[1976]] publicaron o seu primeiro disco, ''Fuxan os ventos'', con [[Philips-Fonogram]], con quen publicarían outros tres discos e aumentaron o número de actuacións, chegando a [[Cataluña]], [[Euskadi]], [[Lisboa]], [[Bruxelas]], [[París]], [[Zúric]], [[Brest]], e mesmo en dúas edicións do [[Festival Intercéltico de Lorient]] ([[1978]] e [[1979]]). O seu maior éxito lográrono en [[1979]] con ''Sementeira'' (letra do xornalista [[Luís Álvarez Pousa]]). O seu quinto disco xa foi coa editora [[Ruada]], nun intento de apoiar o primeiro selo discográfico galego.
 
[[File:Miniemeroo.jpg|thumb|222px|Mini e Mero moito tempo despois de deixar Fuxan os Ventos]]
Por Fuxan os ventos chegaron a pasar até 30 persoas, ata que a comenzos do ano [[1983]] se produciu a definitiva modificación coa saída de dous dos seus compoñentes (Mini e Mero, que fundaron [[A Quenlla]]) e a incorporación dun trío de música tradicional. Nesta nova época, o grupo grava con Fonomusic, no ano [[1984]], o disco "Noutrora" e continúa coas actuacións en directo incrementando a súas saídas fóra de Galicia, abríndose a novos circuítos: tocan en Durango, nun ''galeuzca'' musical, en [[1983]]; en Xaén, na Universidade Popular, en [[1985]], ou en Segovia, no Festival Agapito Marazuela, no ano [[1989]], na que sería a súa última actuación en directo.