Guerra de Crimea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Bellum Crimaeanum
m -Zar +Tsar
Liña 5:
Baixo tratados negociados durante o [[Século XVIII]], Francia era o gardián dos Católicos Romanos no [[Imperio Otomano]], mentres que [[Rusia]] era o protetor dos [[Cristiáns Ortodoxos]]. Por varios anos, os monxes católicos e ortodoxos disputáronse a posesión da Igrexa da [[Natividade]] e a Igrexa do [[Santo Sepulcro]], en [[Palestina]]. Durante os anos [[1850]], ambos lados presentaron demandas que o Sultán non podía satisfacer simultaneamente. En [[1853]], o Sultán inclinouse a favor francés, a pesar das vehementes protestas dos monxes ortodoxos locais.
 
O [[ZarTsar]] ruso, [[Nicolás I de Rusia|Nicolás I]], enviou un diplomático, o Príncipe [[Menshikov]], nunha misión especial ao goberno turco. Por tratados previos, o Sultán, [[Abd-ul-Mejid I]], estaba comprometido a "defender a [[Relixión]] e Igrexa Cristiana", pero Menshikov intentou negociar un novo tratado, polo cal Rusia podería intervir cando considerara a protección do Sultán inadecuada. Ao mesmo tempo, o goberno británico enviou un emisario, quen se enterou das demandas de Menshikov ao chegar. Mediante a diplomacia, Lord Starford convenceu ao Sultán de rexeitar o tratado, o cal comprometía a independencia dos cidadáns turcos. Pouco despois de enterarse do fracaso do seu negociador, o ZarTsar enviou o seu exército a [[Moldavia]] e a [[Valaquia]], territorios otomanos nos que Rusia era coñecida coma unha gardiana da Igrexa Ortodoxa, empregando coma excusa a falta de solucións por parte do Sultán para protexer os lugares Sagrados. Nicolás I pensou que as potencias europeas non se opoñerían á anexión realizada, especialmente porque Rusia axudou a sufocar as [[Revolución de 1848|Revolucións de 1848]].
 
Cando o ZarTsar enviou as súas tropas a Moldavia e Valaquia, o Reino Unido, buscando protexer a seguridade do Imperio Otomano, enviou unha flota cara os [[Dardanelos]], onde se lle uniu unha flota francesa. Mentres tanto, as potencias europeas agardaban unha solución diplomática. Os representantes das catro grandes potencias neutrais -Reino Unido, Francia, [[Austria]] e [[Prusia]]-, reuníronse en [[Viena]], onde elaboraron unha proposta que agardaban fora aceptable para Rusia e o Imperio Otomano. A proposta contou co apoio do ZarTsar Nicolás. Sen embargo foi rexeitada polo Sultán Abd-ul-Mejid I, quen sentiu que a maneira de redación do documento permitía diferentes interpretacións. Reino Unido, Francia e Austria estaban unidos propoñendo modificacións para satisfacer ao Sultán, pero as súas suxerencias foron ignoradas na Corte de [[San Petersburgo]]. O Reino Unido e Francia abandonaron a idea de continuar negociando, pero Austria e Prusia non crían que o rexeitamento xustificara cesar as negociacións.
 
==Desenvolvemento==
Liña 30:
*"[[Balcanización]] dos [[Balcáns]]". Significa que os conflitos que se orixinan despois da guerra surxirán por reivindicacións dos pobos balcánicos, aos que se incorporarán as demais nacións segundo os sus intereses.
 
A guerra termina en 1855 co Congreso de París, de onde saiu un goberno conxunto e relativamente autónomo para Moldavia e Valaquia; o ZarTsar renunciou á proteción dos ortodoxos e estableceuse a neutralidade do [[Mar Negro]] (prohibición de manter nesta zona navíos de guerra).
 
[[Categoría:Guerras]]