Eurocomunismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
categorizo
m -Moscú +Moscova
Liña 1:
O '''eurocomunismo''' é o intento nos [[anos 1970]] de varios partidos comunistas europeos de anchear a súa influencia incluíndo temas de [[clase media]], rexeitando o apoio incondicional á [[URSS]] e expresando claramente a fidelidade aos procesos [[pluripartidismo|pluripartidistas]] nos países occidentais. Foron precisamente os partidos comunistas máis fortemente enraizados nas súas respectivas sociedades -caso notable do [[Partido Comunista Italiano]] (PCI) e do [[Partido Comunista Francés]] (PCF)- os máis proclives a adoptar a liña eurocomunista, mentres que partidos máis pequenos e marxinais (como o [[Partido Comunista de Gran Bretaña]]) quedaron máis dependentes da patrocinaxe de [[MoscúMoscova]]. O [[Partido Comunista de España]] (PCE) e o Partido Socialista Unificado de Cataluña ([[Partit Socialista Unificat de Catalunya|PSUC]]) foron legalizados logo da [[ditadura]] de [[Francisco Franco|Franco]] cunha liña esencialmente eurocomunista, o que lles custou as respectivas escisións do [[PCPE]] e o [[Partido Comunista Cubano|PCC]]. Os partidos comunistas de [[Portugal]], [[Austria]] ou [[Grecia]] tamén mostraban distintas tendencias eurocomunistas, pero foron sempre minoritarias.
 
O eurocomunismo oficializouse en marzo de [[1977]], cando os secretario xerais [[Enrico Berlinguer]] do PCI, [[Santiago Carrillo]] do PCE e [[Georges Marchais]] do PCF se reúniron en [[Madrid]] e presentaron as liñas fundamentais da "nova forma". Pero o PCI en particular xa desenvolvera unha liña independente de Moscova dende facía anos, que quedou claramente expresada en 1968, cando o PCI e o PCE foron os dous únicos partidos comunistas do mundo en condenar a [[Primavera de Praga | invasión soviética de Praga]]. En 1975 o PCI e o PCE fixeron unha declaración sobre a "construción do socialismo" que debía ser en "paz e liberdade". En [[1976]] en Moscova, Berlinguer, diante de 5000 delegados comunistas, falou dun "sistema pluralista" (traducido polo intérprete como "multiforma") e describiu as intencións do PCI de construír "un socialismo que cremos necesario e só posible en Italia".