Osvaldo Dorticós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recat
mSen resumo de edición
Liña 12:
profesión= Avogado e político|
}}
[[Ficheiro:Allende,Cámpora,Dorticós 1973.jpg|thumb|leftright|200px|[[Salvador Allende]] (Chile), [[Héctor Cámpora]] (Arxentina), Osvaldo Dorticós (Cuba), en 1973]]
'''Osvaldo Dorticós Torrado''', nado en [[Cienfuegos]], o [[17 de abril]] de [[1919]] e falecido na [[A Habana|Habana]] o [[23 de xuño]] de [[1983]], foi un político cubano que foi presidente de [[Cuba]] entre o [[17 de xullo]] de [[1959]] e o [[2 de decembro]] de [[1976]]. foi substituído por [[Fidel Castro]] no cargo cando se ditou unha nova [[constitución]].
 
==Traxectoria==
Foi un próspero [[avogado]] que participou no [[Revolución cubana|movemento revolucionario]] cubano, razón pola cal foi encarcerado en [[1958]]. Escapou e refuxiouse en [[México]], onde viviu para volver do exilio despois do triunfo de Fidel Castro. Desempeñou o cargo de Ministro de Xustiza, cargo desde o cal axudou a formular as [[Política de Cuba|políticas cubanas]]. Foi escollido presidente nese mesmo ano, esperando que fose máis leal a Castro que o seu antecesor [[Manuel Urrutia Lleó]]. Intelixente e competente, tivo considerable influencia no goberno. En [[1976]], cando o goberno cubano foi reorganizado, e Castro asumiu todos os poderes, Dorticós foi nomeado como membro do Consello de Estado de Cuba.