Rugby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 81:
O rugby é o segundo deporte de equipos máis popular no mundo, só sendo superado polo [[fútbol]]. Disputado en máis de 120 países, é extremadamente popular nas [[Illas Británicas]], en [[Australia]] (''Wallabies''), en [[Nova Celandia]] (''The All Blacks''), en [[Sudáfrica]] (''The Springboks'') e en [[Francia]] (''Les Bleus''), sendo esas as grandes potencias do deporte. É tamén bastante popular en [[Italia]] ('''Gli Azzurri'') e en [[Arxentina]] (''Los Pumas''). Fóra dos [[Xogos Olímpicos]] dende [[1928]], todo indicaba que o deporte voltaría á familia olímpica nos xogos de [[2012]] (mais aí, talvez, coa súa versión reducida, o rugby de sete jogadores, coñecido como Seven-A-Side), con todo tal expectativa non foi confirmada polo Comité Olímpico Internacional e o rugby non voltará ás Olimpíadas nesa data.
 
O [[Copa do Mundo de Rugby|Mundial de Rugby]] é o principal evento entre seleccións. Disputada cada catro anos, trátase do terceiro evento deportivo máis visto no planeta (detrás da [[Mundial de Fútbol]] e dos [[Xogos Olímpicos]]).
 
Outros importantes torneos son a copa das [[''Seis Nacións'']] (torneo deportivo entre seleccións máis antigas do mundo), disputado por [[Selección de rugby de Inglaterra|Inglaterra]], [[Selección de rugby de Escocia|Escocia]], [[Selección de rugby de Gales|País de Gales]], [[Selección de rugby de Irlanda|Irlanda]], [[Selección de rugby de Francia|Francia]] e [[Selección de rugby de Italia|Italia]]; e o ''[[Tres Nacións]]'', disputado por [[Selección de rugby de Australia|Australia]], [[Selección de rugby de Nova Zelandia|Nova Celandia]] e [[Selección de rugby de Sudáfrica|Sudáfrica]]. Alén deses campionatos, as principais seleccións do mundo disputan anualmente unha serie de amigables, denominados ''Tests''.