Ética demostrada segundo a orde xeométrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: eo:Etiko (Spinozo)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Ethica ordine geometrico demonstrata; cambios estética
Liña 1:
{{atención}}{{formatoWiki}}
'''A Ética''' (''Ethica Ordine Geometrico Demonstrata'' ou ''Ethica More Geometrico Demonstrata'') é unha obra de [[Spinoza]]. Foi redatada en [[latín]]. Esta composta en cinco partes.
 
Ó igual que [[Spinoza]] é un modelo de filósofo, a súa [[Ética]] é un modelo de [[filosofía]]. Austera, abstracta, difícil, a obra articula o coñecemento metafísico para unha finalidade moral: a beatitude. O libro contén a síntese rematada do pensamento [[ontolóxico]], [[antropolóxico]] e [[moral]] do seu autor.
 
A Ética está escrita more geometrico, segundo unha presentación que pode desconcertar. Nela atópanse definicións, axiomas, proposicións, demostracións, cuxo modelo é evidentemente a construción [[Euclides|euclidiana]]. O more geometrico spinozista debe ser retrotraído ao seu [[modelo cartesiano]]: as ''Segundas Respostas ás obxeccións das Meditacións''; trátase dun procedemento de exposición, e no descubrimento da verdade.
 
== Estrutura da obra ==
Está dividido en cinco libros:
* I, De [[Deus]]
* II, Da natureza e orixe da alma
* III, Da orixe e natureza dos afectos
* IV, Da servidume humana ou da forza dos afectos
* V, Do poder do entendemento ou da liberdade humana.
 
A obra comeza cunha serie de definicións problemáticas, na medida na que Spinoza, que retoma certos termos clásicos da ontoloxía e da [[metafísica]] (Deus, substancia, atributos, modos), non lle dá necesariamente un sentido tradicional.
 
=== Libro I ===
Este libro, que se inicia cunha primeira parte que trata “de Deus”, non cesou de ser considerado como o breviario do [[ateísmo]]. Esta atribución apenas pode ser considerada como unha traizón. Pois non se ve que metafísica, que [[teoloxía]] podería recoñecer ao seu Deus na pura inmanencia da substancia na natureza, nesta “ ontoloxía naturalista e monista”, en termos de Robert Misrahi. Esta filosofía desterra todas as representacións antropomórficas da divindade: Deus non é unha providencia organizadora, nin un pai amante, nin un monarca severo, nin un xuíz xusticeiro. O apéndice ao libro I desmonta os mecanismos destas ficcións, cuxos intereses ideolóxicos e mesmo políticos son analizados.
 
Ao mesmo tempo que toda concepción tradicional da divindade, e baixo a mesma acusación de [[antropomorfismo]], Spinoza tamén desterra a [[finalidade]]. É sinxelo comprender por que Spinoza foi excluído de toda comunidade relixiosa e perseguido polas igrexas do seu tempo.
 
=== Libro II ===
O libro II desenvolve a teoría do coñecemento, que guiou o bosquexo do ''Tratado da reforma do entendemento'', como tamén unha teoría sobre as relacións entre a [[alma]] e o [[corpo]]. Este problema nutriu ás grandes doutrinas metafísicas post-cartesianas da segunda metade de século. Segundo Spinoza, “a orde e a conexión das cousas”; aquí está o principio dunha intelixibilidade universal do ser. A alma é polo tanto “a idea do corpo”. A teoría spinozista do coñecemento distínguese pola súa negativa a hipostasiar as facultades (entendemento, vontade), como fai o [[Descartes|cartesianismo]], e convertelas en axentes activos nas operacións do coñecemento. Entendemento e vontade son seres de [[razón]]; o único que existe son as [[idea]]s e as [[volición]]s.
 
=== Libro III ===
O libro III constrúe o pedestal do que propiamente pode chamarse a ética spinozista. Ao orientar a análise da alma humana baixo a perspectiva dunha antropoloxía positiva, concibida de modo estritamente determinista, a teoría do [[desexo]] de Spinoza arruina todo [[moralismo]]. A súa teoría dos [[afecto]]s apóiase, como a ontoloxía, nun rexeitamento de toda transcendencia.
 
=== Libros IV e V ===
Os libros IV e V examinan pola súas causas esta servidume ou esta sabedoría humanas. Non se trata xamais para Spinoza de prescribir, louvar ou castigar, senón de comprender os mecanismos do desexo e da súa flutuación (o xogo dos afectos ou [[paixón]]s). A [[imaxinación]] é aquí obxecto dunha crítica severa. O meu desexo é sempre susceptible de ser determinado por fins exteriores, e de ser dirixido por afectos que comporten unha diminución da miña potencia de obrar e me leven tanto a tristeza.
 
== Influencia posterior ==
A Ética é un deses libros cuxa influencia é imposible medir, tan enorme foi o seu alcance. A priori, podemos interpretar a acollida que mereceron a súas teses como un desmentido ao seu valor. Porque lonxe de inducir aos seus contemporáneos a unha actitude de benvida e [[tolerancia]], Spinoza desencadeou contra el e o seu sistema un furacán de paixóns cargadas de odio que a súa morte non logrou apagar, e nin sequera atenuar. Excomulgado durante a súa vida, mentres a Ética circulaba disimulada baixo a capa, Spinoza tamén o seguiu estando despois da súa morte.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://users.telenet.be/rwmeijer/spinoza/works.htm?lang=ETHICA Texto en latín]
 
[[Categoría:Obras literarias en latín|Etica]]
Liña 46:
[[fi:Etiikka (Spinoza)]]
[[fr:Éthique (Spinoza)]]
[[fy:Ethica ordine geometrico demonstrata]]
[[it:Ethica more geometrico demonstrata]]
[[la:Ethica, ordine geometrico demonstrata]]