Pierre Fournier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 22:
Naceu en [[París]], fillo dun xeneral da armada francesa. A súa nai aprendeulle a tocar o [[piano]], mais tivo un [[polio]] sendo un neno e perdeu parte da destreza dos pés e pernas. Tendo dificultades cos pedais do piano, cambiouse ao [[violoncello|cello]].
 
Graduouse no [[Conservatorio de París]], onde estudou cos mestres [[Paul Bazelaire]] e [[André Hekking]] aos 17 anos, en [[1923]]. Foi proclamado como "o cellista do futuro" e gañou loubanzas polo seu virtuosismo e pola súa técnica do arco.
 
Acadou fama cando tocou coa Orquestra de Edouard Colonne en [[1925]], e andou de xira por toda [[Europa]]. Tocou con moitos dos máis prestixiosos e aclamados músicos do seu tempo, e grabou completas as pezas de [[música de cámara]] de [[Johannes Brahms|Brahms]] e [[Franz Schubert|Schubert]] para a [[BBC]] en [[acetato]]s. Mais, as mesmas se deterioraron antes de que puideran ser transferidas a un medio máis duradeiro.