Afasia: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: ca:Afàsia |
RNC (conversa | contribucións) mSen resumo de edición |
||
Liña 10:
==Tipos==
;Afasia de Broca ou afasia motora:por lesión na [[área de Broca]], que se pode tamén estender ao córtex frontal adxacente<ref>Carme Junqué, Olga Bruna e Maria Mataró ''Neuropsicología del lenguaje: funcionamiento normal y patológico''. Elsevier España, 2004, páxina 55</ref>. Vese afectada principalmente a emisión verbal, que fica moitas veces reducida a unha palabra ou algunhas expresións estereotipadas. A linguaxe espontánea é sempre pobre e asume un estilo "[[telégrafo|telegráfico]]": [[substantivo]]s ou formas nominais do [[verbo]] (o chamado [[agramatismo]]). A perturbación afecta á realización das sílabas fónicas, sen realmente afectar o sistema fonolóxico. Pertúrbase tamén a [[escrita]] ([[agrafía]]). Non se ven afectadas, porén, a recepción dos [[signo verbal|signos verbais]], a comprensión ou a lectura.
;Afasia de Wernicke ou afasia sensorial:por lesións na [[área de Wernicke]] (rexión [[lóbulo temporal|temporal]]). A fala é fluída, mais resulta difícil de comprender debido a que se deforman as palabras ([[parafasia]] literaria), substitúense os termos esperados por outros ([[parafasia]] verbal) e prodúcense iteracións ([[perseveración]]). O mesmo acontece na escrita ([[paragrafía]]) e na lectura en voz alta ([[paralexia]]). Vense afectadas a comprensión oral e escrita. Distínguense tres tipos de afasias sensoriais, posibelmente relacionadas con áreas distintas da zona de Wernicke:
Liña 21:
;Afasia global transitoria:cando se interrompe temporalmente o rego sanguíneo na arteria cerebral media.
== Notas ==
<references/>
==Véxase tamén==
[[Afasia evolutiva]]
|