Perífrase verbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Perifrasis berbal
Liña 1:
As '''perífrases''' son complexos [[Verbo|verbais]] -formados por un [[verbo]] en forma finita ou verbo auxiliar e un verbo en forma infinita ([[infinitivo]], [[xerundio]] ou [[participio]]) ou verbo auxiliado entre os que pode aparecer un elemento de relación ([[preposición]] ou [[conxunción]])- que presentan unha unidade formal e de significación, á cal o verbo auxiliado contribúe co [[significado]] léxico, mentres que o auxiliar aporta determinacións xerais de número-persoa e especiais de tempo-modo, [[aspecto]] ou voz.
 
==Perífrase e locución verbal==
As perífrases verbais non deben ser confundidas coas [[Locución verbal|locucións verbais]]. As locucións caracterízanse por ser un conxunto de palabras das que polo menos unha é un verbo, o resto das palabras está tan estreitamente unido ó verbo que sintacticamente non é segmentable, de xeito que o núcleo verbal do [[predicado]] correspondente é todo o conxunto.
 
As diferencias fundamentais entre a perífrase e a [[locución]] son as seguintes:
 
*Na locución o engadido ó verbo pode ser outro verbo ou calquera outro elemento gramatical (bótase de ver / terás en conta ós teus conveciños)
*Na locución non hai posibilidade de segmentación sintáctica. Na perífrase sempre se pode proceder á segmentación do verbo auxiliar e do auxiliado.
*Nas locucións non é posible a conmutación. Nas perífrases verbais, si. [Na conmutación léxica o que se substitúe é unha palabra por outra de significado distinto, manténdose a mesma categoría e a mesma función (un infinitivo por outro infinitivo, por exemplo). Na conmutación estrutural substitúese unha palabra ou secuencia por outras que sendo equivalentes funcionalmente pertencen a outra categoría gramatical (por exemplo: un sintagma preposicional substituído por un adverbio].
*Na locución o significado é novo: Non acostuman aparecer nin o significado do verbo nin o do engadido (que pode ser outro verbo). Ademais non existen modificacións aspectuais, nin modais, nin temporais, nin estilísticas por parte de verbo auxiliar ningún. Véxase a diferencia entre ‘terás en conta’ que significa ‘considerarás’, ou ‘botar a perder algo’ que significa ‘estragar’ e ‘botarse a chorar’ (mantense o significado léxico de ‘chorar’).
*O primeiro verbo é nas locucións o que selecciona o suxeito e os complementos, nas perífrases é o segundo verbo.
 
Exemplos de locucións verbais: ''Dar por sentado, dar por suposto, botarse de ver, botar a perder, dar a coñecer, dar a entender, dar que falar,...''
 
===Ligazóns relacionadas===
*[[Perífrases verbais galegas]]
*En [[locución verbal]] coméntase a diferencia entre esta e a perífrase verbal
*Hai un wikilibro sobre as [[b:Perífrases verbais|perífrases verbais]]
*[[b:Curso de lingua galega/O verbo/As perífrases verbais|As perífrases verbais]] no [[b:Curso de lingua galega|Curso de lingua galega]] (Wikibooks)
 
[[Categoría:Morfosintaxe]]
 
[[an:Perifrasis berbal]]
[[ca:Perífrasi verbal]]
[[en:Periphrasis]]
[[es:Perífrasis verbal]]
[[fr:Temps périphrastique]]
[[hu:Körülírás]]
[[mk:Перифраза]]