Francisco Largo Caballero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Largo Caballero.jpeg|thumb|right|168px|Monumento a Largo Caballero nos [[Novos Ministerios]], [[Madrid]] ([[José Noja|J. Noja]], [[1985]]).]]
'''Francisco Largo Caballero''', nado en ([[Madrid]], o [[15 de outubro]] de [[1869]] e finado en [[París]], o [[23 de marzo]] de [[1946]]), foi un sindicalista e político [[España|español]], histórico dirixente do [[Partido Socialista Obrero Español]] (PSOE) e da [[Unión Xeral de Traballadores]] (UXT). Durante a [[Segunda República Española]] foi Ministro de Traballo ([[1931]]-[[1933]]) e [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Goberno]] ([[1936]]–[[1937]]).
 
==Activismo inicial==
 
==Traxectoria==
===Activismo inicial===
[[Estuco|Estuquista]] de profesión, Largo Caballero xa participa na primeira folga de obreiros da construción no ano [[1890]]. Afiliouse ao '''[[PSOE]]''' en [[1894]].
 
Liña 10:
Á morte de [[Pablo Iglesias]], fundador do partido socialista, en [[1925]], sucederíalle xunto con [[Julián Besteiro]], á fronte do seu sindicato, a UXT. Foi vicepresidente ([[1908]]–[[1918]]) e secretario xeral ([[1918]]–[[1938]]) desa central sindical socialista
 
==Sob a =Ditadura de Primo de Rivera===
Moderado nos seus plantexamentos, no principio da súa vida política, foi partidario de manter unha certa colaboración da UXT co goberno ditatorial do xeneral [[Miguel Primo de Rivera]], o que permitíu que o sindicato seguira a funcionar na situación imposta polo Directorio militar. Isto motivou unha aceda polémica con [[Indalecio Prieto]], contrario a esta colaboración co réxime ditatorial.
 
==A =II República===
Co primeiro goberno, provisorio, da II República, presidido por [[Niceto Alcalá-Zamora]], en 1931, ostentaría a carteira do Ministerio de Traballo, continuando no cargo, até 1933, nos dous gobernos seguintes, presididos por [[Manuel Azaña]]. Gozaría de grande popularidade entre as masas obreiras, que se vían reflectidas en el e na súa forma de vida austera.
 
Liña 20:
Partidario da alianza entre os diversos sindicatos e partidos obreiros, avogou por un pacto co [[Partido Comunista de España|Partido Comunista]] e co sindicato anarquista [[CNT]], o que provoco o seu enfrontamento con outros líderes socialistas, nomeadamente con Indalecio Prieto de novo. Este enfrontamento entre os revolucionarios ''caballeristas'' e os moderados ''prietistas'' foi acrecentando, até o punto de que Largo Caballero chegou a ser alcumado popularmente o «Lenin español».
 
==Na =Guerra Civil===
Tras o esborrallamento do goberno de [[José Giral|Giral]], o [[4 de setembro]] de [[1936]], xa en plena [[Guerra Civil de España|Guerra Civil]], foi designado xefe do Goberno e ministro da Guerra. A súa maior preocupación, aparte do curso da contenda, foi tentar manter a disciplina no Exército e a autoridade gubernamental dentro da zona republicana a calquer prezo. Porén, o descontento polo curso desfavorábel da guerra e os enfrontamentos desatados en Barcelona, en maio de 1937, que levaron ao enfrontamento entre o [[POUM]] e a [[CNT]], por unha banda, e o goberno da Generalitat catalana e os comunistas, por outra, que comezaron ao tentar tomar a policía o edificio da Telefónica, baixo control da CNT, e a negativa de Largo Caballero a asinar a ilegalización do POUM sob presión soviética, foron circunstancias utilizadas, polos socialistas leais a Indalecio Prieto, polos comunistas do [[PCE]] e máis os republicanos de esquerdas, con pleno consentimento de Manuel Azaña, como pretexto para provocar unha crise gubernamental e forzar a súa demisión, sendo substituido á fronte do goberno polo doutor [[Juan Negrín]], tamén socialista.
 
===No exilio===
En [[1939]], logo da derrota republicana, exiliouse en [[Francia - France|Francia]]. Ao se producir en [[1940]] a ocupación da Franza por parte da [[Alemaña]] [[nazi]] é arrestado polas tropas de ocupación e internado no [[campo de concentración]] de [[Campo de concentración Sachsenhausen|Sachsenhausen-Oranienburg]], onde pasou a maior parte da [[Segunda Guerra Mundial|II Guerra Mundial]]. Liberado ao final desta polo [[Exército Vermello]], faleceu no exilio en [[París]], sendo trasladados os seus restos mortais a [[Madrid]] en [[1978]], celebrándose un funeral na súa memoria ao que acudiron 500.000 persoas, convocadas polas organizacións socialistas (PSOE, UXT e XSE). Nese mesmo ano a UXT creou a [[Fundación Francisco Largo Caballero|Fundación que leva o seu nome]].