Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Pexego (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
* A día 30/9/2009 levo [http://toolserver.org/~escaladix/larticles/larticles.php?user=Pexego&lang=gl '''132 artigos de contido comezados'''] ''(ainda que poucas veces traballa ben o link ese)'', [http://toolserver.org/~daniel/WikiSense/Gallery.php?wikilang=gl&wikifam=.wikipedia.org&format=html&img_user_text=Pexego&order=-img_timestamp '''12 imaxes subidas'''], e [http://toolserver.org/~soxred93/count/index.php?name=Pexego&lang=gl&wiki=wikipedia '''1.113 edicións'''] na galipedia. Ademais, aínda que algunha vez que outra non o cumpra, penso que '''máis vale calidade que cantidade''', é dicir, máis valen 2.000 bos artigos na galipedia que 40.000 artigos mediocres, para que a xente (e en especial os cativos nos estudos) teñan a Galipedia coma unha referencia seria e útil que sirva de fonte de información e cultural, e desta maneira, a Galipedia sexa unha ferramenta para afianzar '''[[lingua galega|a nosa lingua]]''' e '''a [[Cultura de Galicia|nosa cultura]]'''.
 
* Salvo '''[[Piollo de mar]]''' e ,'''[[Indusio]]''' e '''Pereira brava''' ''(que foron íntegramente feitos por min a partires de fontes alleas á wikipedia)'', case tódolos meus artigos novos son '''traducións'''. O que fago é avaliar cal é o mellor da wikipedia inglesa, española e portuguesa, e cal quedaría con maior calidade unha vez traducido á nosa lingua. Xa que na Galipedia somos moitas menos persoas colaborando que en calquera de esas 3 versións, penso que é un xeito de ter bos artigos en relativamente pouco tempo. Intento poñer sempre o maior coidado en que as traducións vaian ben, mais non sempre é posible evitar que se me vaia algún erro.
 
* Como curiosidade, o artigo de [[piollo de mar]] fíxeno porque un día pescando atopei eses parasitos nos peixes e non sabían que eran, procurei información na internet pero non atopei nada en casi ningures, así que decidinme engadir o artigo na galipedia por se o día de mañá algún outro pescador se topa co mesmo bicho e tamén é para el descoñecido como foi para min o primeiro día.