Mikhail Bakunin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh-min-nan:Michail Aleksandrovič Bakunin; cambios estética
m O de Trolo está ben?
Liña 12:
profesión= Militar, filósofo|
}}
'''Mikhail Alexandrovich Bakunin (Trolo)''', ou en ruso cirílico ('''Михаил Александрович Бакунин'''), nado en ([[Pryamukhino]] en [[1814]] e finado en [[Berna]] en [[1876]]), foi un [[Anarquismo|anarquista]] [[Rusia|ruso]], un dos pais do anarquismo.<br />
 
==Traxectoria==
Bakunin naceu no seo dunha familia aristocrática, en [[1828]] trasladouse a [[San Petersburgo]] para recibir instrución militar, logo da súa graduación (1832) serviu en [[Minsk]] e [[Gardinas]], en [[1835]] en contra dos desexos do seu pai deixa o exército e marcha a [[Moscova]] para estudar [[filosofía]], en 1840 nunha estadía en [[Berlín]] únese ao movemento [[socialismo|socialista]], aséntase en Suíza e participa activamente nas actividades socialistas, o goberno ruso confiscoulle as propiedades cando Bakunin se negou a regresar a Rusia. En [[1849]] participou na revolta de maio en [[Dresden]], polo que foi condenado a morte, que lle foi conmutada por cadea perpetua, levado a Rusia, en [[1855]] o goberno envíao a [[Siberia]] oriental ata que fuxe ao [[Xapón]], chega a [[Inglaterra]] en [[1861]], Bakunin permanecerá o resto da súa vida no exilio, sobre todo en Suíza. En 1869 fundou a Alianza Social Democrática, pero diante a negativa a permitirselle afiliarse á [[Primeira Internacional]], a alianza disólvese e os diferentes grupos que a formaban entran na Internacional. En 1870 tenta unha revolta fanada en [[Lion]]. Os desacordos con [[Marx]], en especial á necesidade dun Estado dos traballadores, que Bakunin nega, levan á expulsión de Bakunin da Primeira Internacional en [[1872]].