Diferenzas entre revisións de «Gabino Bugallal»

m
sen resumo de edición
(engado imaxe)
m
'''Gabino Bugallal Araújo''' ([[Ponteareas]], [[1861]] - [[París]], [[1932]]) foi un avogado e político galego.
 
Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], especialmente relacionado co grupo de [[Raimundo Fernández Villaverde]]. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de [[1903]], desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de [[Eduardo Dato]] de [[1912]] (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do [[11 de xuño]] ao [[3 de novembro]] de [[1917]], e por última vez, do [[2 de xullo]] de [[1919]] ao [[5 de maio]] de [[1920]], no Goberno de [[Joaquín Sánchez de Toca Calov|Sánchez Toca]].
 
Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de [[1920]], e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a [[Martínez Anido]] gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.
4.682

edicións