A Famosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Malacca 1630.jpg|thumbnail|O plano da Famosa en [[1630]] durante os últimos anos de dominio portugués.]]
 
[[A Famosa]] é unha [[fortaleza]] construída polos [[portugueses]] na cidade de [[Malaca]] en [[1511]] despois de capturar a cidade unha frota desa nacionalidade baixo a dirección do gobernador da [[India]] portuguesa [[Afonso de Albuquerque]]. A Famosa está situado en Bandar Hilir, próxima ao palacio do sultán de Malaca e á igrexa de San Paulo, é a mostra arquitectónica europea máis antiga de Asia. Todo o que queda da Famosa é a Porta de Santiago.
 
== Fortaleza portuguesa ==
 
Unha vez conquistada Malaca os portugueses empregaron traballadores forzados para construíren unha fortaleza no lado sur da desembocadura do río que os defendese dun posible ataque dos [[malaios]] e para convertela nun bastión que asegurase o control portugués do comercio das [[especia]]s e como porto estratéxico na ruta cara ao sur da [[China]] e o [[Xapón]], a fortaleza que se levantou con materiais procedentes das ruínas da Gran Mesquita e outros edificios destruídos no ataque portugués, tardou cinco meses en rematarse. Debido ás altas temperaturas e á falta de alimentos morreron moitos dos traballadores.
 
A Famosa ou formalmente Fortaleza de Malaca construíuse con espesas paredes de entre 2.5 e 4.5 metros, con catro grandes torres, a maioría da poboación vivía en casas nesa cidadela portuguesa que xurdiu intramuros. A partir de [[1586]], co aumento da poboación, ampliouse a fortaleza ampliouse en tódalas direccións incluíndo dentro dos seus muros os outeiros próximos transformado á antiga cidade nunha verdadeira cidade, con cinco igrexas, capelas, conventos, hospital e o palacio do gobernador e o bispo, a súa superficie incluía Jalan Kota, Jalan Gereja, Jalan Mahkamah e Jalan Istana.
[[Ficheiro:Portadesantiago.jpg|thumbnail|A Porta de Santiago é todo o que queda da antiga fortaleza de Malaca.]]
 
== Fortaleza holandesa ==
 
A [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] estábase facendo co control comercial e político da área desde comezos do século XVII, e a cidade de Malaca era clave para o control do estreito de Malaca e do comercio das especias, o primeiro intento serio de facerse coa cidade foi en [[1606]]. A fortaleza de Malaca mantívose como o último bastión portugués na zona e como un poderoso obstáculo que lles impedía os holandeses ter a hexemonía no estreito, finalmente tras un asedio de cinco meses caeu nas mans holandesas o [[14 de xaneiro]] de [[1641]]. Os holandeses repararon os danos que sufrira A Famosa durante o asedio, incluída a única porta que sobrevive, na que colocaron en [[1670]] un baixo relevo co escudo da Compañía.
 
== Fortaleza británica ==
 
Cando o exército de [[Napoleón]] invadiu os [[Países Baixos]] en [[1795]], o [[príncipe Guillerme de Orange]] fuxiu a Londres e aceptou que o exército británico entrase nas súas posesións para evitar que caesen en mans de Francia. Consecuentemente, os británicos fixéronse co control de Malaca, en [[1795]], sen unha batalla co compromiso de devolverlla aos holandeses despois da guerra, pero os británicos decidiron destruír ''A Famosa'' polo perigo que podería supoñer para as posesións británicas se caía en mans dos franceses. O [[10 de agosto]] de [[1807]] comezou o traballo de demolición da fortaleza, permanecendo en pé tan só unha das portas da cidade, a coñecida como Porta de Santiago.
 
== Achados arqueolóxicos ==
 
[[Ficheiro:A Famosa - Reconstruction of watchtower.jpg|thumbnail|Reconstrución dunha das torres da Famosa.]]
 
A finais de novembro de 2006 atopouse accidentalmente durante a construción dunha torre parte da estrutura da fortaleza, posiblemente construída polos holandeses.
 
== Bibliografía ==
 
*Donald B. Freeman ''The Straits of Malacca: gateway or gauntlet?'', 2003 ISBN 0773525157
*Geoffrey Parker ''The military revolution: military innovation and the rise of the West, 1500-1800'', 1996 ISBN 0521479584