Diferenzas entre revisións de «Escáner»

m
Bot: substituír 'mentras' por 'mentres'
m (correccións ortográficas: trocar correxir (incorrecto) por corrixir (correcto))
m (Bot: substituír 'mentras' por 'mentres')
Os escáneres de tambor son os que máis fielmente reproducen o documento orixinal, xa que producen dixitalizacións de gran resolución (ata 4.000 ppp en modo óptico) e calidade. Os seus problemas son a velocidade de escaneo (son lentos), non son indicados para documentos de papel quebradizo porque se realiza unha manipulación brusca do mesmo, e requiren un alto nivel de habilidade por parte do operador. Ademais, son bastante caros.
 
Utilizan unha tecnoloxía diferente á do CCD. Os orixinais, normalmente transparencias (aínda que se poden escanear opacos tamén), colócanse nun cilindro transparente de cristal de gran pureza, que á súa vez se monta no escáner. O tambor vira entón a gran velocidade mentrasmentres se fai a lectura de cada punto da imaxe. A fonte de luz adoita ser un [[láser]] que se atopa dentro do tambor, e o sensor un Tubo Foto Multiplicador (PMT) situado na parte exterior do tambor.
 
Producen dixitalizacións de alta resolución e boa gama dinámica entre baixas e altas luces, con imaxes en cores primarias, que poden ser convertidas en [[CMYK]] mentrasmentres o lector percorre a imaxe.
 
Son moi caros, oscilando o seu prezo, segundo modelos, entre 15.000 e 200.000 €, polo que adoitan ser usados exclusivamente por empresas especializadas do sector das artes gráficas, como laboratorios, imprentas ou editoriais.
44.135

edicións