The Velvet Underground: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'mentras' por 'mentres'
Liña 16:
 
==Biografía==
Unha beleza loira canta con voz grave mentrasmentres catro personaxes cubertos de coiro negro e gafas oscuras atormentan á sala cós amplificadores a punto de estalar. Rollos de cinta cinematográfica proxectanse no escenario creando un xogo demoniaco de sombras e figuras. Dous iluminados danzan con látigos e látex mentrasmentres o cabalo desbocase entre os asistentes que quedan noqueados por semexante brutalidade decadente. Esto ben podería ser un concerto de [[Marilyn Manson]] pero non, son a Velvet Underground e Nico alá polo ano 67.
 
The Velvet Underground, un dos grupos máis importantes da historia do Rock e, por suposto, cunha influencia determinante nos últimos 35 anos. Cando todo era colorido, flores, amor e o soño [[hippie]] deslumbraba cos discos excelentes de xente coma [[Grateful Dead]] ou [[The Byrds]], unense catro visionarios escuros e decadentes que escupen a outra cara da moeda cunha música rotunda, corrosiva e caótica, cuns textos nos que por primeira vez falase de sufrimento de marxinación e da dor das cloacas do ser humano. O soño comezara naquel verán do amor, pero tamén o pesadelo predicado por Lou Reed. O Rock nunca volvería ser igual.