Furacán Hortensia de 1984: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 4:
Despois de ter acadao o grao de tormenta tropical, apenas pasaron unhas xornadas até que chegou a se converter nun [[furacán]] de categoría 1, é dicir, con ventos de até 120 Km/h. O [[30 de setembro]] o centro da tormenta tropical pasou preto das Bermudas e seguiu o seu camiño cara ao leste, cruzando o [[Océano Atlántico|Atlántico]].
 
O [[2 de outubro]], e xa preto da costa europea, o furacán perdeu intensidade e converteuse de novo nunha tormenta tropical. O '''Centro Nacional de Furacáns dos EUA''' abandonou ese día o seu seguimento, dándoo por finalizado sen ter provocado danos nin vítimas[[vítima]]s <ref>http://www.nhc.noaa.gov/archive/storm_wallets/atlantic/atl1984-prelim/hortense/prelim01.gif</ref>, mais ese mesmo día combinouse cunha [[baixa extratropical]] e chegou á costa galega reforzado con ventos de máis de 150 Km/h.
 
O [[4 de outubro]], xa en terras galegas, adquiriu a súa máxima [[intensidade]], provocando ao seu paso 2 mortos (6 en total dentro e fóra de [[Galiza]]) e perdas materiais por máis de 60 millóns de euros da época (uns 170 millóns de [[euro]]s de [[2009]]).
 
A forza do Hortensia deixouse sentir no norte da [[Península Ibérica]] e mesmo en [[Francia]].<ref>http://www.ec.gc.ca/ouragans-hurricanes/default.asp?lang=en&n=9C3F01FB-1</ref>
 
 
==Notas==