Suede: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: fr:Suede
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Grupo_musical
| nome = Suede
| Background =
| color =
| imaxe =
| lenda =
| orixe = [[Londres]]
| país = [[Inglaterra]][[Ficheiro:Flag of England.svg|25px|Bandeira de Inglaterra]]
| período = [[1989]] - [[2003]]
| xénero = [[Rock alternativo]]
[[Brit pop]]
[[Glam rock]]
| selo = [[Nude Records]] - [[Sony BMG]]
| membros = [[Brett Anderson (Suede)|Brett Anderson]]
Bernard Butler
Matt Osman
Simon Gilbert
Richard Oakes
Neil Codling
Alex Lee
Justine Frischmann
Mike Joyce
| web = [http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=28943199 Myspace do grupo]

'''Suede''' foi un grupo de [[música rock|rock]] londinense formado en [[1989]] e disolto en [[2003]]. En [[Estados Unidos]] foron coñecidos como '''The London Suede''', posto que o seu nome orixinal xa estaba rexistrado.

Liña 15 ⟶ 30:
Era evidente tamén o talento que posuía Bernard Butler para tocar a guitarra, que ás veces parecía tocada por [[Johnny Marr]] e noutras ocasións parecía o mesmo [[Mick Ronson]].

Destacaban así mesmo as súas letras, que contaban de historias de sexo, nocturnidadnocturnidade e angustia xuvenil, narradas cun pouso romántico e cínico a partes iguais.

A premeditada ambigüidade sexual que exhibían estaba herdada directamente do [[Glam Rock]], pero matizándola engadíndolle moita máis sobriedade. Isto facía que a polémica sempre rodease as súas declaracións á prensa, non sempre acertadas, como cando Brett afirmou que era un bisexual que nunca tivera unha experiencia homosexual.

===Comeza a súa popularidade===
Con todos estes ingredientes non é de estrañar a expectación coa que se agardaba a publicación do seu primeiro LP, do que se chegou a dicir no seu momento que era o disco máis esperado desde o ''[[Never Mind the Bollocks]]'' dos [[Sex Pistols]]. Cando por fin apareceu en [[1993]], as expectativas quedaron colmadas dabondo, conseguindo rápidamenterapidamente o número un no Reino Unido e converténdose na primeira gran banda que daría o pop británico en [[Anos 1990|os 90]]. Chamábase simplemente ''[[Suede (álbum)|Suede]]'' e incidía no son dos seus sinxelos anteriores, aínda que os mellores temas incluídos nel eran precisamente os que xa adiantaran. A excepción de "Xo Young", que se editou como single posteriormente ao LP e era un himno ao estilo Suede.

Ao ano seguinte saíu á venda o single "Stay Together", que non estaría incluído en ningún dos seus álbums. Pouco despois saltou a noticia de que Bernard abandonaba o grupo sen concluír a gravación do seu seguinte disco. A culpa, como ocorre case sempre nestes casos, tívoa a loita de egos entre os dous líderes do grupo. Os semanarios británicos chegaron a augurar que ao perder ao seu carismático guitarrista que era parte clave do son Suede e compositor ao cincuenta por cento con Brett de todas as cancións da banda, esta estaba acabada.

Precedido do sinxelo "We Are The Pigs", canción prima irmá de "Animal Nitrate", no outono de [[1994]] publicouse o seu segundo álbum, ''[[Dog Man Star]]'', cuxo son é máis denso, as estruturas dos temas fanse máis complexas, engádense arranxos orquestrais e nos medios tempos apréciase aroma [[crooner]]. Todo isto fai que moitos o consideren como o seu mellor disco malia non vender tanto como o seu predecesor. As outras dúas cancións elixidas como singles foron "The Wild Ones" e "New Generation".

=== Despois de Bernard Butler ===

Trala marcha de Butler, o grupo rexenérase fichando a Richard Oakes, un fan da banda de 17 anos, quen enviara unha fita en resposta a un anuncio que publicaron na revista [[NME]]; e a Neil Codling como tecladista, curmán de Simon Gilbert, o batería da banda. Os dous novos membros integráronse perfectamente, involucrándose na composición de novos temas.

En [[1996]] publican o seu terceiro traballo “Coming Up” e o seu correspondente primeiro single, “Trash”. Os seguintes singles do álbum foron “Beautiful Ones” (posiblemente a súa canción máis coñecida), “Saturday NIght”, “Lazy” e “Filmstar”.

Este traballo serviu para consolidalos como un dos grupos máis importantes da década, chegando a vender máis dun millón e medio de copias en todo o mundo, e converténdose no seu disco máis vendido.

Por esas data a polémica volve a salpicalos cando a que fora guitarrista do grupo e moza de Brett, Justine Frichmann, naquela cantante de [[Elástica]], realiza unhas polémicas declaracións afirmando que Brett é adicto á heroína.

En [[1997]] publicarían “Sci Fi Lullabies”, un recopilatorio que reunía a maioría das caras b que incluíran nos seus singles anteriores.

=== A última etapa ===

O seu seguinte traballo sacado á venta en [[1999]] chamouse “Head Music”, cuxos singles foron “Electricity”, “She’s” In Fashion”, “Everything Will Flow” e “Can’t Get Enough”, incorporando novos son e elementos electrónicos.

En [[2001]] Neil Coding deixa Suede ao diagnosticárselle síndrome de fatiga crónica integrándose no lugar Alex Lee.

En [[2002]] gravan “A New Morning”, o seu quinto álbum cos singles “Positivity” e “Obsessions”.

Despois deste disco, o grupo decide separarse. “Singles” sería o epílogo da súa carreira recollendo todos os seus sinxelos.

== Discografía ==
=== Álbums ===

*''[[Suede (álbum)|Suede]]'', 1993.
*''[[Dog Man Star]]'', 1994.
*''[[Coming Up]]'', 1996.
*''[[Sci-Fi Lullabies]]'', 1997.
*''[[Head Music]]'', 1999.
*''[[A New Morning]]'', 2002.
*''[[Singles (álbum de Suede)|Singles]]'', 2003.

=== Videografía ===

*''Love And Poison'', 1993.
*''Introducing the Band'', 1995.
*''Lost In TV (DVD)'', 2001.

=== Singles ===

De '''''Suede''''':

* The Drowners, 1992.
* Metal Mickey, 1992.
* Animal Nitrate, 1993.
* So Young, 1993.

Single:

* Stay Together (ep), 1994.

De '''''Dog Man Star''''':

* We Are The Pigs, 1994.
* The Wild Ones, 1994.
* New Generation, 1995.

De '''''Coming Up''''':

* Trash, 1996.
* Beautiful Ones, 1996.
* Saturday Night, 1997.
* Lazy, 1997.
* Filmstar,1997.

De '''''Head Music''''':

* Electricity, 1999.
* She's In Fashion, 1999.
* Everything Will Flow, 1999.
* Can't Get Enough, 1999.

De '''''A New Morning''''':

* Positivity, 2002.
* [[Obsessions]], 2002.

De '''''Singles''''':

* Attitude, 2003.

===Ligazóns externas===
*[http://www.alohacriticon.com/alohapoprock/article1895.html Suede en Aloha Pop Rock]{{es}}

[[Categoría:Grupos musicais de Inglaterra]]