Moucho de orellas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
ortografía
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'presencia' por 'presenza'
Liña 43:
*''O. s. turanicus'', a variedade máis clara e máis meridional, que cría sobre todo en [[estepa]]s e [[oasis]] do medio leste asiático ata [[Paquistán]].
 
Os puntos de máis concentración en Europa da especie como ave reprodutora están situados ó longo do mar [[Mediterráneo]], especialmente en [[España]], [[Croacia]] e [[Turquía]]. As poboacións teñen unha distribución máis irregular en [[Francia]] e [[Italia]]. A sua presenciapresenza en [[África]] do norte e tamén irregular, faltando completamente en [[Libia]] e [[Exipto]] . En Centroeuropa as súas poboacións son máis escasas canto máis ó norte..
 
==Conduta e reprodución==
 
Son aves estritamente nocturnas, que comezan a fase activa coa posta do sol ou pouco despois e acábana ó amencer, cando regresan ó seu lugar de descanso, no que pasan o día practicamente inmóbiles, con pequenas pausas que aproveitan para limpa-las plumas. O seu punto de máxima actividade está situado antes da media noite, momento no que fan unha pausa dunhas dúas horas. Machos e femias non adoitan compartir, mesmo durante a cría dos polos, o mesmo lugar de repouso diúrno. Durante a época reprodutora os machos pasan o día en xeral en sitios onde teñan o niño á vista. Os polos que acaban de deixar o niño e non poden aínda voar, repousan nunha pola, preto do tronco da árbore na que naceron e moi apertados os uns contra os outros. Cando se senten ameazados, os mouchos de orellas adoptan unha posición de camuflaxe erguéndose moito. Nesta postura poden pasar moito tempo inmóbiles e só a presenciapresenza moi próxima do intruso lles fai abandonala pola na que están para marcharen cara a outra, onde volven adoptar a mesma posición. Se non poden fuxir, adoptan diversas técnicas de agresión que van de xiros asíncronos dos ollos e repiques do bico a ataques coas unllas e o bico.
Malia que limpan frecuentemente as plumas, raras veces se observan tomando baños de sol ou de area.
 
Liña 54:
===Reprodución===
 
Forman parellas monógamas e estacionais, aínda que se coñecen casos de [[polixinia]]. Mesmo en casos de que un dos membros da parella morre prematuramente non adoitan formarse novas parellas. Maduran sexualmente cando teñen uns 10 meses de idade. Durante a época de cría son territoriais e as femias defenden o territorio con máis intensidade cós machos, que no reaccionan agresivamente á presenciapresenza de femias alleas.
 
Fan os niños principalmente en buratos nas árbores e ocasionalmente en fornelas en rochas ou edificios. En raras ocasións aproveitan niños de pegas e outros córvidos e niños artificiais. Coma é habitual nas estrixiformes o lugar do niño non é apenas mellorado, limitándose os mouchos de orellas a escalaren un pouco para faceren unha pequena depresión. Non aportan ningún material se hai restos dun niño anterior non os eliminan.