Choiva ácida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almabot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'nengún' por 'ningún'
Liña 30:
O problema da choiva ácida non só aumentou co [[poboación|crecimento poboacional]] e industrial, senón que se espallou. O uso de grandes chamineas para reducir a [[contaminación]] contribuiu á diseminación da choiva ácida, liberando gases na atmosfera da rexión. Algunhas veces, a precipitación ocorre a unha distancia considerable, e as rexións montañosas receben a maior parte (debido ás chamadas [[choivas de montaña]]). Un exemplo deste efecto é o baixo pH das choivas da [[Escandinavia]] comparado aos niveis de óxido que esta libera.
 
Hai unha forte relación entre baixos niveis de pH e a perda de poboacións de [[peixe]]s en lagos. Con un pH abaixo de 4,5, practicamente nengúnningún peixe sobrevive, mentres que os niveis iguais a 6 ou superiores promoven poboacións saudables. Os ácidos na auga iniben a produción das [[encima]]s que permiten que as [[larva]]s de [[troita]] escapen das súas ovas. O baixo pH tamén fai circular metais pesados como o [[aluminio]] nos lagos. O aluminio fai que algúns peixes produzan [[moco]] en exceso ao redor das súas [[guerla]]s, prexudicando a respiración. O crecemento de [[fitoplancto]] é inhibido polos grandes niveis de acidez e perxudícanse os animais que se alimentan deles.
 
Moitos lagos son afectados ao recibiren e concentraren o ácido proveniente de solos ácidos. Este fenómeno pode ser desencadeado por un dado patrón de choiva que concentre o ácido. Un lago de augas ácidas, con peixes mortos recentemente, pode non ser proba de contaminación extrema do ar.