O '''''sporran''''' ("bolso" en [[lingua gaélica|gaélico]]) é un complemento da vestimenta nacional [[Escocia|escocesa]], similar á [[faldriqueira]] galega.
==Características==
Trátase dunha bulsa que pendura á altura do pube, facendo así de peto. O ''sporran'' lévase por riba do ''[[kilt]]'', e vai amarrado a este xeralmente por unhas cadeas que se atan na parte posterior do propio ''kilt''.