lenda = Río Vouga nas [[Termas de São Pedro do Sul]].
caudal medio = |
lonxitude = 148 km |
país = {{POR}} |
desemboca = [[Ría de Aveiro]] |
}}
O '''río Vouga''' é un [[río|curso fluvial]] do centro de [[Portugal]]. Nace na [[serra da Lapa]] a 864 metros de altitude, no [[Chafariz da Lapa]], situado na freguesía de [[Quintela, Sernancelhe|Quintela]], ([[Sernancelhe]], [[distrito de Viseu]]).
==Características==
Pouco despois de pasar a vila de [[Cacia]], situada no [[Aveiro|concello]] e [[distrito de Aveiro]] e a 7 quilómetros da sede do concello e mais do distrito, as súas augas sepáranse en innumerábeis canais de terreo baixo e pantanoso, dándose inicio a formación da [[Ría de Aveiro]]. O seu curso vai, predominantemente, de [[leste]] a [[oeste]] tendo un total de 148 quilómetros de extension.
Os seus afluentes principais son os ríos [[Río Caima|Caima]], [[Río Mau|Mau]] e [[Río Sul|Sul]] na marxe dereita, e o [[río Águeda]], na marxe esquerda. No seu curso está o [[encoro de Ribafeita]].
A súa conca hidrográfica, contando coas pequenas concas hidrográficas afluentes directas da [[Ría de Aveiro]], cobre unha extension de 3.635 km².